PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
PALESTINA
Israel comeza a aplicar as restricións de electricidade en Gaza

Redacción .  Israel comezou xa a aplicar restricións na subministración eléctrica á Franxa de Gaza, no marco dun plan de endurecemento das relacións económicas co territorio palestino, segundo informou hoxe Shlomo Dror, portavoz do ministro de Defensa, Ehud Barak.

Reloxo 08.02.2008 | 13:23
TAGS: ISRAEL , GAZA , ELECTRICIDADDE ,

Trátase do último dunha serie de pasos dados por Israel para aumentar a presión sobre Gaza --baixo o control do Movemento de Revolución Islámica (Hamás) desde o pasado mes de xuño-- para frear o lanzamento continuado de foguetes Qassam contra o Estado hebreo.

O portavoz de Barak informou de que as restricións na electricidade comezaron a última hora de onte nunha das dez liñas de alta tensión que abastecen á Franxa e corresponden a cortes dun cinco por cento. Estes cortes, sinalou Dror, supón menos dun un por cento dos 124 megavatios que Israel proporciona a todo o territorio de Gaza.

A nova restrición eléctrica é "un sinal para os palestinos: vemos a súa conduta en Gaza e queremos seguir co proceso de 'desconexión", advertiu o portavoz de Barak. "Espero que centren os seus esforzos en obter novas fontes de enerxía en lugar de desenvolver (...) foguetes", engadiu.

As voces críticas con esta medida acusan a Israel de impor un bloqueo que aumenta o "castigo colectivo" aplicado á poboación, logo de cortar xa a subministración de combustible para a principal central enerxética o pasado mes.

Neste sentido, o viceministro de Defensa israelí, Matan Vilnai, afirmou onte que están tratando de "reducir a dependencia da Franxa de Gaza con Israel" e engadiu que "o Alto Tribunal ditaminou que estamos actuando dun xeito correcto e apropiada".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río