Raquel López . Cataluña é a comunidade que máis aberta se mostra ao uso do cannabis con fins terapéuticos. O 'prospecto' da marihuana e unha investigación sobre medicamentos baseados no cannabis dan proba delo.
O Colexio de Farmacéuticos de Barcelona ofrece un prospecto do cannabis na súa web. A pesares de que esta substancia está prohibida e non se permite o seu uso terapéutico no Estado, os farmacéuticos cataláns son conscientes de que “hai un número importante de pacientes que están consumindo a sustancia con esa finalidade”. Investigación Até o momento, a única investigación sobre o uso de cannabis con fins terapéuticos é a que está a desenvolver o Servizo de Saúde de Cataluña a través das farmacias hospitalarias. A Axencia do Medicamento deu o visto bo á realización deste estudo que podería estar rematado “en medio ano ou nun ano”, segundo fontes do Ministerio de Saúde.
Por este motivo e para evitar os “riscos asociados” ao seu consumo, os farmacéuticos cataláns optan por difundir información sobre o cannabis e o seu uso de maneira responsábel.
Fano en forma de prospecto. Coma se dun medicamento calquera se tratase, expoñen a súa descrición química, indicacións, contraindicacións, dosificación, interaccións, efectos secundarios, embarazo e lactancia, risco de dependencia e advertencias especiais.
Unha vez concluídos os ensaios clínicos con pacientes, procederase á avaliación dos resultados e será a partir de aí cando a Administración se pronuncie sobre a posibilidade de autorizar en todo o Estado a venda de medicamentos derivados da marihuana.
A entidade viguesa pro cannabis , AVE María, xa informou de como dende hospitais galegos chegaban pacientes de Oncoloxía até a súa asociación en busca de información sobre o consumo desta sustancia.
Os farmacéuticos cataláns sen facer “apoloxía do cannabis” apostan, non obstante, por ubicar a sustancia na sanidade legal baixo control médico e farmacéutico porque “é a mellor maneira de eliminar riscos e controlar tanto a calidade da planta como a actuación dos pacientes”.
Descargar Tarifas