PUBLICIDADE
Xoves, 09 de setembro de 2010
PIDE A SUSPENSIÓN DO CONSELLEIRO
PSdeG: 'Hernández dá obras a construtoras nas que traballou'

Redacción .  Como adiantou ANT, o conselleiro de Infraestruturas continúa a adxudicar contratos á unha construtora da que foi directivo. Os socialistas fanse eco desta nova e piden no Parlamento que Agustín Hernández non poida licitar máis obras, polo menos mentres non se resolva o seu preito por unha certificación falsa a favor da súa ex-empresa, Sercoysa.

Reloxo 01.03.2010 | 11:35

Obras de Sercoysa en Salvaterra, que Hernández certificou como rematadas, segundo o PSdeG Obras de Sercoysa en Salvaterra, que Hernández certificou como rematadas, segundo o PSdeG. PSdeG

O PSdeG segue a súa ofensiva contra o Conselleiro de Medio Ambiente. O deputado socialista Paulo López Vida, presentou unha Proposición non de Lei na que lle reclama á Xunta a suspensión das competencias de contratación do conselleiro de Agustín Hernández.

O mandatario está a ser investigado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Hernández, segundo a denuncia xudicial do PSOE, "certificou no 2006 dende a Deputación de Pontevedra a finalización dunha obra, cando esta apenas estaba iniciada, para que a empresa adxudicataria, da que foi apoderado e director de construción, percibira preto de 400.000 euros".

A empresa beneficiada polo certificado falso é Sercoysa, na que traballou Hernández tras ser director xeral de obras públicas con Feixóo e Fraga e antes de incorporarse á Deputación de Pontevedra de Rafael Louzán.

2,3 millóns do departamento de Hernández á súa ex-empresa

Segundo desvelou ANT, a Xunta do PP leva adxudicados máis de 2,3 millóns á construtora Sercoysa en menos dun ano. Os cinco contratos foron concedidos por departamentos que dependen do propio Hernández.

“As dúbidas sobre posibles incompatibilidades do conselleiro que segue a licitar e adxudicar obras do seu departamento a empresas nas que estivo en nómina son máis que razoables”, argumenta o PSdeG.

O PSOE pide que Facenda asuma as licitacións de Infraestruturas

O deputado Pablo López engade que os feitos son “legalmente constitutivos dun delito de falsidade en documento oficial, cometida por funcionario público” e “tamén poden ser constitutivos dun delito de estafa, dado que por mor da certificación presuntamente falsa se puideron liberar fondos dunha institución pública de cara a unha adxudicataria sen ser esta acredora do pago”.

Mentres o TSXG non se pronuncie, os socialistas demandan que a conselleira de Facenda asuma as licitacións que dependen do político investigado.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río