PUBLICIDADE
Venres, 03 de setembro de 2010
Emitirá o seu informe en abril
O Consello de Europa avalía a política lingüística da Xunta

Redacción .  A Plataforma Queremos Galego asegurou que o Comité de Expertos do Consello de Europa emitirá en abril o seu informe 'máis crítico' coa política lingüística da Xunta respecto ao cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.

Reloxo 23.02.2010 | 15:26

Sede do Consello de Europa en Bruxelas Sede do Consello de Europa en Bruxelas

Así o asegurou hoxe o portavoz da plataforma, Carlos Callón, tras entregarlle a unha representante do Secretariado para a Carta, Simone Klinge, un informe "indicando os principais incumprimentos deste tratado por parte do actual Goberno da Xunta", e no que se fai "fincapé" no ensino.

Neste sentido, Carlos Callón recordou que o Consello de Europa realiza cada tres anos un informe de avaliación do cumprimento por parte dos estados da Carta. En 2008, o organismo realizou unha serie de recomendacións que "non só non están sendo tidas en conta, senón que as medidas que eloxiaba o texto, como as galescolas, agora están sendo desmanteladas polo actual Goberno", indicou Callón.

Tras recordarlle á Xunta a súa "obrigación" de "acatar os tratados internacionais", Carlos Callón indicou que as visións das entidades sociais de defensa do galego "sempre foron tidas en conta" polo Comité de Expertos.

O informe “máis crítico”

Paralelamente, considerou que o próximo informe, que o Comité pretende emitir en abril deste ano, será "o máis grave para a lingua galega" e "o máis crítico" coa política lingüística da Xunta.

Entre os puntos que inclúe o informe, Queremos Galego recordan a recomendación do Comité de Expertos de pór en funcionamento un sistema educativo de inmersión en galego, así como a valoración do sistema de galescolas.

No ámbito da xustiza, denunciou a plataforma, "non se tomou ningunha medida para que existan formularios en galego, para que se traduza a lexislación ou para que se estabelezan programas de formación neste idioma", como propuña o organismo europeo; á vez que criticaron un "importante retroceso" da lingua galega na Administración pública.

Entre outros aspectos, Queremos Galego explicoulle ao Comité de Expertos que "non existe ningún plan de acción para evitar os casos en que os traballadores foron obxecto de acoso por falar en galego" e indicou que o Servizo Galego de Saúde non "emprendeu iniciativas de formación ao persoal".

Reunión despois de abril

Pola súa banda, a representante do Secretariado para a Carta recordou que o Comité está agora en proceso de elaboración do terceiro informe, que se publicará en abril, momento no que regresará a Galiza para reunirse "de xeito máis formal" coas entidades sociais e "analizar a situación".

Finalmente, indicou que as recomendacións e a Carta "obrigan legalmente os Estados" para o seu cumprimento, aínda que advertiu de que "non hai ningún sistema concreto de sancións", polo que "o único xeito" de obrigar os Estados a acatalo é "a través do diálogo".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río