PUBLICIDADE
Xoves, 09 de setembro de 2010
Carlos
Aymerich
Voceiro parlamentario do BNG
Deslocalización
 22.02.2010 | 12:16

O 4 de febreiro o consello de Xesgalicia acordou concederlle un crédito á empresa Caramelo por importe de cinco millóns de euros. A axuda foi incialmente ocultada pola Consellaría de Economía e Industria que, forzada polos medios a xustificar o empréstimo, aludiu ao impulso da internacionalización da empresa. Calou que a axuda se concedese despois de Caramelo ter despedido, con autorización da Xunta, 230 traballadoras da súa fábrica coruñesa. E esqueceu tamén que na resolución pola que se lle deu luz verde ao tal ERE a Xunta considerou que a vontade manifestada por Caramelo de deslocalizar a produción a outros países con menores salarios e menos protección social pode ser considerada como unha das causas “económicas, técnicas, organizativas ou de produción” quen de xustificaren un despedimento colectivo segundo o Estatuto dos Traballadores.

Non é de estrañar. O propio Xavier Guerra, conselleiro de Economía e Industria, predica co exemplo. El propio é empresario do sector téxtil mais a produción das prendas que comercializa non se fai na Galiza: realízase en Portugal. Por iso cando fala de impulsar a internacionalización das empresas galegas a Xunta do PP refírese, en realidade, a financiar a deslocalización da produción e, por conseguinte, a destrución de emprego no noso país. Así é austeridade de Alberte Núñez Feixóo. E quizais por iso a semana pasada o PP impediu que prosperase unha emenda do BNG que, en contra das sentenzas do Tribunal de Xustiza da UE que legalizan o dumping social en nome da libre prestación de servizos, apenas pretendía que todas as persoas que traballen en Galiza estexan suxeitas á lexislación laboral e aos convenios colectivos galegos. É tanto pedir?

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río