PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
BLOG ANA MIRANDA
Ana
Miranda
Política
Diario galego de Europa
A nova Comisión Europea
O BNG non está de acordo cos nomeamentos dos 18 comisarios e nove comisarias propostos por José Manuel Durão Barroso. Todos eles defenden os Estados, non o proxecto común europeo.
 09.02.2010 | 18:05

José Durao Barroso, presidente da Comisión Europea José Durao Barroso, presidente da Comisión Europea. Comisión Europea

Hoxe votouse na Comisión a composición do Colexio de Comisarias e Comisarios no parlamento europeo, e unha vez máis, populares, socialistas e liberal-demócratas uníronse para apoiar o segundo mandato de Barroso. A Comisión Barroso II,como se lle chama aqui, conta pois con 27 membros, el incluído, dos cales nove son mulleres. Hai 14 que repiten e mudan de carteira e 13 son novidades. Proceden de case todas as familias politicas segundo quen goberne en cada Estado membro que é quen os propón en resumidas contas (de novo a configuración estatal desta Europa tan criticada e ineficiente para un proxecto europeo cara aos pobos e a cidadania). Mudan algunhas carteiras e outras son novas, algunhas moi indefinidas como a de Acción a favor do Clima. Desaparece Multilingüismo e intégrase con Educación, Cultura e Mocidade. Que oportuno, verdade? Parece que esta carteira fale de dous conselleiros do Goberno galego e dos seus obxectivos de combate. Ironias –tráxicas– á parte, créase por exemplo unha nova carteira, a de Axenda Dixital, á que pasa a anterior titular da Competencia, a holandesa Neelie Kroes, a encargada do dossier de axudas de Estado (tema do naval-Izar Fene lembran?). Pasa agora á carteira do socialista Joaquin Almunia, un home serio e ortodoxo, que vai ter que darlle resposta entre outros, a este tema galego. Coméntaballo onte o portavoz nacional do BNG en entrevista co presidente do goberno do Estado: precísase levantar esta prohibición absurda na axenda desa presidencia.

Tocaranos pois tratar cun bo número destes comisarios e comisarias. Accede unha eurodeputada ou eurodeputado dun xeito directo a manter reunións con eles. Tamén acceden os lobbys económicos, ben seguro, pero a nós tocaranos para falar das problemáticas e propostas galegas. Se non quen vai facelo? Falar das nosas cousas, como din os escoceses. Tocaranos pois, tratar coa nova comisaria de Asuntos Marítimos e Pesca, unha socialista grega e co popular austriaco en materia de fondos europeos e cohesión, coa chipriota liberal que vai defender as linguas, a cultura e a educacion para falarlle da nosa lingua e nosa cultura. Tamén co popular romanés para falar do noso agro e dos problema que vive o sector leiteiro,  co socialista húngaro para o tema das pensións, a reforma laboral e a creación de emprego ou dirixirse a dous liberais, un estonio para defender temas como a conexión galega coas redes transeuropeas de transporte e un esloveno para falar da Rede Natura e da protección das nosas costas.

Non creo moito nesta nova Comisión porque representa os Estados, que ollan para si mesmos e non cunha visión común europea que tenda cara a un modelo social e de xustiza no sistema. Por iso creo que o grupo parlamentar ao que pertencemos votará en contra. Porque non valen votos a calquera prezo.

Perdeuse a oportunidade de atopar unha solución europea á crise? Posibelmente si. Non houbo estratexias coordinadas a nivel europeo, os Estados presionaron para que así fose, e Barroso débese a eles; non houbo ousadía no Consello Europeo para ceder competencias e reformar dunha vez por todas a política económica nin deseñar solucións de coordinación a nivel orzamentario, fiscal, e por suposto, unha reforma do ineficiente pacto de estabilidade e de crecemento, hoxe obsoleto e considerado un tremendo fracaso, pois cada Estado decide e fai segundo conveniencia. O caso español foi paradigmático dese fracaso. En dous dias hai Consello Europeo para tratar dunha estratexia económica para a Unión Europea. Mentres, Angela Merkel e Nicolas Sarkozy xa se anticiparon a reunirse a semana pasada. Non vaia ser. Unha solución á crise pasa primeiro por reformar o orzamento comunitario, pór recursos e deseñar un plano de reformas fiscais e incentivación da creación de emprego que non vaia dirixido só a salvar os bancos, como fixo a Comisión Europea no primeiro intre da crise.

Na Galiza, a crise toca fondo e hai problemas estruturais que nin este Goberno nin o central queren resolver. O famoso anuncio di que vivamos como galegos. O caso é que para moita xente, vivir como galegos, con prezos europeos, está xa a ser ben complicado.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río