PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Para retirar o recurso de inconstitucionalidade
Chaves amosa a súa vontade de 'liquidar as discrepancias' sobre as caixas

Europa Press O vicepresidente terceiro e ministro de Política Territorial, Manuel Chaves, manifestou na carta que lle remitiu ao presidente galego, Alberte Núñez Feixóo, a vontade do Goberno central de alcanzar un 'acordo dialogado' sobre a Lei de Caixas de Galiza, para 'liquidar de xeito pactado as discrepancias existentes' e 'dar satisfacción a todos os intereses en presenza', tras o que se retiraría o recurso de inconstitucionalidade.

Reloxo 09.02.2010 | 14:56
TAGS: Chaves , caixas , recurso , lei , Feixóo ,

Manuel Chaves con Alberte Núñez Feixóo Manuel Chaves con Alberte Núñez Feixóo. Pepe Ferrín/AGN

A misiva, á que tivo acceso Europa Press, foi enviada este luns ao mandatario galego, quen respondeu hoxe a Chaves con outra carta, na que lle require que poña "hora e lugar" para a primeira reunión das negociacións e urxe a que sexa "canto antes, se é posíbel esta semana". Feixóo pediu dialogar coa fin de "facilitar a pronta retirada do recurso".

No documento enviado ao máximo responsábel do Goberno galego, o vicepresidente terceiro reiterou a vontade do Executivo estatal de buscar un acordo, unha disposición que, di, xa lle transmitiu "fai uns días en conversación telefónica". Por iso, sinala, invita a Feixóo a "abrir un diálogo entre o Goberno da Xunta e o de España que puidese conducir a ese desexábel acordo".

"Pola miña banda, podo adiantarche a vontade do Goberno do que formo parte de retirar o recurso de inconstitucionalidade no momento mesmo no que se formalice o acordo entre a Xunta e a Administración Xeral do Estado", conclúe a comunicación do ministro.

Chaves informa, así mesmo, na carta do acordo adoptado polo Consello de Ministros o pasado 5 de febreiro de interpor un recurso de inconstitucionalidade contra determinados preceptos da Lei de Caixas, unha decisión fundamentada en "informes xurídicos propios" que entenden que “se produciu unha extralimitación” na competencia que a comunidade galega se outorga "en materia de solvencia e natureza das caixas como entidades de crédito, así como na regulación dos órganos de representación destas".

O Goberno conta tamén, segundo agrega, co ditame favorábel do Consello de Estado, "coincidente cos informes dos servizos xurídicos do Estado".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río