PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Pídelle a Espinosa 'acompañamento'
Hernández lembra que a competencia para sanear a ría do Burgo 'é do Estado'

Europa Press O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, recordoulle hoxe á ministra de Medio Ambiente, Helena Espinosa, que as competencias sobre o dominio público marítimo-terrestre 'son do Estado', polo que a este lle corresponde o saneamento da ría do Burgo, e pediulle 'acompañamento'.

Reloxo 09.02.2010 | 14:19

Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. AGN

Despois de que a ministra se pronunciase sobre a necesidade de que a Xunta elabore un plan de lodos para o saneamento do citado estuario, Hernández considerou "curioso que diga iso", xa que a Xunta tan só conta con competencias para preservar que a retirada de lodos se faga "en debidas condicións" e para dar axudas aos municipios afectados.

Tras incidir, en rolda de prensa, en que a potestade para a limpeza da ría é "exclusivamente" do departamento estatal, recordou que este está tramitando un proxecto na ría de Noia para retirar lodos.

"O ministerio debería acompañar as iniciativas da consellaría cunha actuación clara e contundente para recuperar o fondo mariño e para resolver os problemas da ría do Burgo", incidiu o responsábel de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río