PUBLICIDADE
Venres, 12 de marzo de 2010
Esta semana
Feixóo pídelle por carta a Chaves comezar a negociación da Lei de Caixas

Redacción .  O presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixóo, remitiulle hoxe unha carta ao vicepresidente terceiro e ministro de Política Territorial, Manuel Chaves, na que lle require comezar 'canto antes, se é posíbel esta semana', o diálogo entre os Executivos central e autonómico para 'aclarar as discrepancias' sobre a Lei de Caixas e 'facilitar a pronta retirada do recurso' de inconstitucionalidade.

Reloxo 09.02.2010 | 11:52

Alberte Núñez Feixóo, presidente da Xunta Alberte Núñez Feixóo, presidente da Xunta. AGN

Feixóo, que enviou a misiva esta mañá, sinala que "non é conveniente" para as relacións entre as comunidades e o Goberno central interpor un recurso "sen escoitar antes a Xunta e a pesar de ter un prazo de tres meses para formalizalo", que termina o próximo 6 de abril.

No documento, o máximo mandatario galego acusa o recibo da comunicación procedente do Executivo estatal de que presentará un recurso contra determinados preceptos da Lei de Caixas galega, cuxa reforma foi aprobada o pasado decembro co apoio do PPdeG e o BNG e o rexeitamento do PSdeG.

O presidente da Xunta transmítelle, así mesmo, a Chaves que queda á espera de que lle indique "hora e lugar" para manter esa primeira reunión e recorda que xa expuxo a semana pasada, nunha conversación telefónica co vicepresidente terceiro, a "vontade expresa" do Goberno galego de abrir "canto antes" unha vía de diálogo, co fin de "explicarlle" ao Executivo central "todas cantas dúbidas se lle puidesen xurdir ao redor desa lei".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río