Redacción . O socialista Xoán Carlos Francisco Rivera tomou hoxe posesión do seu cargo como deputado en substitución da ex parlamentaria Laura Seara, que abandonou o seu escano na Cámara ao ser nomeada directora do Instituto da Muller.
Rivera prometeu o seu cargo en lugar de xuralo unha vez que foi preguntado polo vicepresidente o Parlamanto, Xosé Manuel Baltar Blanco, suplindo á presidenta, Pilar Rojo. Xoán Carlos Francisco Rivera é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, máster en Bolsa e Mercado de Valores pola mesma institución e exerce como avogado con despacho propio dende o 2000. No ámbito política é secretario xeral da agrupación local do PSdeG de Verín, secretario xeral da comarca verinesa e membro do Comité Nacional Galego dende o ano 2008.
Xoán Carlos Francisco Rivera.
Descargar Tarifas