PUBLICIDADE
Venres, 12 de marzo de 2010
O BNG DENUNCIA O REPARTO ESTATAL DAS CAIXAS
Aymerich: 'Caixa Galicia para o PP, Caixanova para o PSOE'

Manuel Vilas O Parlamento aprobou os seus novos representantes nas Asembleas Xerais Caixanova e Caixa Galicia. Cerimonia inútil se o Estado non retira o seu recurso contra a nova Lei de Caixas, que suspenderá a norma e a elección deste martes.

Reloxo 09.02.2010 | 11:06

Aymerich no Parlamento Aymerich no Parlamento. AGN

O BNG denunciou que o bloqueo do Goberno central obedece a un “pacto asinado” a nivel estatal entre socialistas e conservadores. O PP ficaría co control de Caixa Galicia a través dunha alianza liderada por Cajamadrid e o PSOE dominaría Caixanova nunha alianza de varias caixas nas que participaría Cajastur.

Así o alertou o portavoz nacionalista, Carlos Aymerich. “As leis non poden ser obxecto de chantaxes dende outros poderes do Estado”, criticoulles aos socialistas tras aplaudir a elección dos 32 novos representantes en Caixanova e 40 en Caixa Galicia.

Aymerich tamén censurou os conservadores. Na súa opinión, o PPdeG non está a facer dabondo para defender a fusión entre as entidades galegas, como aprobou por unanimidade a Cámara. O nacionalista esixiu que a Xunta presente xa un recurso contra o FROB, o fondo de subvencións do Estado aos bancos. O Goberno galego tería xa unha arma máis para negociar a fin do recurso do Estado ante o Tribunal Constitucional.

O PSOE cualifica o recurso de Madrid de 'ineludíbel'

Tanto Bloque como PP acusaron o PSOE de actuar como unha “sucursal” de Ferraz. Respondeu Xaquín Fernández Leiceága, argumentando que o recurso ante o Constitucional é “ineludíbel” ante o “choque” da lei galega coa normativa estatal, que fixa que só o Estado pode decidir sobre a estabilidade das entidades financeiras.

A solución socialista pasa por unha reforma da Lei de Caixas, aprobada no Hórreo en Decembro, para adaptala ás queixas do informe Consello do Estado. Este documento é a base do Estado para levar a norma galega aos tribunais, previsibelmente paralizando a súa aplicación.

O PP presume de 'Galiza ten dereito'

“O Consello de Estado non é o Tribunal Constitucional”, rebateu Manuel Ruíz Rivas. O voceiro conservador defendeu que “Galiza ten dereito a participar no mapa financeiro español, a seguir defendendo as súas caixas, a poder propiciar un proceso de fusión”.

Lembrou que patronal, sindicatos, PP e BNG firmaron o manifesto “Galicia ten dereito” contra o recurso do Estado e para que “o aforro galego se quede en Galiza”.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río