PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Correspondentes aos niveis 1, 2, 3 e 4
Política Lingüística abre o prazo de inscrición ás tres convocatorias para o Celga

Redacción .  A Secretaría Xeral de Política Lingüística abriu o prazo de inscrición para as tres convocatorias de exames que se realizarán durante este ano para a obtención dos certificados en lingua galega (Celga), correspondentes aos niveis acreditativos 1, 2, 3 e 4.

Reloxo 09.02.2010 | 10:25
TAGS: celga , exame , galego , lingua ,

Anxo Lorenzo, secretario xeral de Política Lingüística Anxo Lorenzo, secretario xeral de Política Lingüística. AGN

Precisamente, as probas realizaranse durante os meses de maio –en Galiza–; en outubro –América–; e en novembro –en Galicia, o resto do Estado e en Europa–; cuxo prazo de inscrición terminará o 25 de marzo, o 30 de xuño e o 8 de outubro, respectivamente.

En Galiza, os exames realizaranse na Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Vigo; no resto do Estado, será en Barcelona, Bilbao, Cáceres, Granada, Madrid, Murcia, Salamanca, Vitoria e Alacante; no resto de Europa, está previsto que se realicen en diversas cidades de Alemaña, Francia, Irlanda, Italia, Polonia, Portugal, Reino Unido e Croacia; mentres que en América, será en Arxentina, Brasil, Cuba e Uruguai.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río