Redacción . Un grupo de investigadores do campus de Lugo de Universidade de Santiago (USC) elaborou un kiwi en xarope que segundo aseguran, 'podería comercializarse perfectamente'.
Entre os obxectivos do estudo, segundo a USC, destacan a comparación de tres sistemas diferentes de cultivo do froito –o convencional, o integral e o ecolóxico– dende o punto de vista sensorial, físico-químico e de consumidores; e a busca dunha saída para o kiwi de restos –o pequeno ou o que ten algunhas deformidades externas e que non debería estar no mercado. A experta explicou que para elaboración do kiwi en xarope levaron a optimización do procedemento e asegurou que despois das pertinentes probas “podería comercializarse perfectamente o produto” xa que moitos dos consumidores que o avaliaron coincidiron en que todos o mercarían. O estudo levouse a cabo en colaboración coa empresa Kiwi Atlántico que está en contacto con outras industrias do Estado ás que lles podería interesar a elaboración desta froita en xarope.
Planta do kiwi
A coordinadora do grupo, María Ánxos Romero, do área de Tecnoloxía de Alimentos, explicou que apenas existen diferencias entre o kiwi cultivado ecoloxicamente e o recollido de xeito convencional.
Descargar Tarifas