PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Debate sobre a identidade nacional
Francia impulsa medidas para ser 'un bo francés'

Redacción .  O Executivo francés anunciou, ao termo dun seminario gobernamental sobre a identidade nacional, unha serie de medidas simbólicas entre as que figura a creación dunha comisión encargada de profundar o debate.

Reloxo 09.02.2010 | 09:25

Nicolás Sarkozy, presidente de Francia Nicolás Sarkozy, presidente de Francia. Philippe Wojazer/Reuters

O primeiro ministro, François Fillon, afirmou que para reforzar a identidade nacional se colocará unha bandeira francesa en cada colexio e unha copia da Declaración do Home e do Cidadán de 1789 en cada clase.

Ademais, reforzarase a educación cívica entre os escolares, modificarase a Xornada de Chamamento de Preparación para a Defensa (que substituíu ao servizo militar en 1998) para que sexa "un verdadeiro lugar de encontro cidadán" e os alumnos de primaria contarán cun 'carné do mozo cidadán'.

En canto aos estranxeiros, Fillon dixo que a intención é reforzar o Contrato de Acollida e Integración –polo que se lles propón aos inmigrantes recentemente chegados un contrato recíproco, civil e social que os une á República– e facer máis solemne o acto polo que os estranxeiros acceden á nacionalidade francesa.

Unha nova comisión

Co fin de facer un seguimento destas medidas, formarase unha comisión integrada por "parlamentarios, intelectuais e, sobre todo, historiadores", que, en torno ao ministro de Inmigración, Eric Besson, se encargarán de profundar o debate, explicou.

"A cuestión da identidade nacional ten vocación de ser debatida a longo prazo de forma serena, natural e non partidista porque non hai nada peor que o silencio", subliñou Fillon.

Críticas da esquerda

A discusión acerca de que é ser francés foi denunciada nun primeiro momento pola esquerda como unha manobra electoralista para seducir os votantes de extrema dereita de cara aos comicios rexionais de marzo. Desde entón, a idea lanzada por Besson xerou críticas até entre as filas da maioría presidencial.

Un dos principais brancos das críticas á iniciativa impulsada polo presidente Nicolas Sarkozy é a páxina web creada por Besson para recoller a opinión dos franceses sobre o tema. En pouco tempo, o sitio viuse colapsado por violentas contribucións, do tipo “Francia converteuse nunha colonia de África de xeito irremediábel”; “Ningún francés pediu ser invadido por estranxeiros”... así como reiteradas reivindicacións do dereito de sangue para obter a nacionalidade ou ataques ao Islam.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río