PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Principio de acordo
Sindicatos e patronal pactan subir os salarios o 1%

Redacción .  As patronais CEOE e CEPYME e os sindicatos CC OO e UGT alcanzaron esta noite un principio de acordo en materia de negociación colectiva para os exercicios 2010 a 2012 e que contempla subidas salariais comprendidas entre o 1 e o 2,5 por cento.

Reloxo 09.02.2010 | 09:01
TAGS: soldo , salario , emprego , sindicatos , suba ,

Mulleres traballando nunha conserveira Mulleres traballando nunha conserveira. AGN

A alza salarial acordada para este ano é do 1 por cento, mentres que para 2011 se situaría entre o 1 e o 2 por cento, e para 2012 estaría comprendida entre o 1,5 e o 2,5 por cento.

En cada un destes exercicios ademais habería unha cláusula de revisión salarial para evitar que os traballadores perdan poder adquisitivo pola desviación da inflación. Este último punto constituíu o principal escollo antes de pechar a redacción deste principio de acordo, que agora deberá ser ratificado polos órganos de goberno das partes.

Diálogo social

No caso de que todas as organizacións desen 'luz verde' ao acordo, este podería subscribirse antes de que acabe a semana e marcaría as directrices da negociación colectiva, que afecta a uns 12 millóns de traballadores.

Durante a apertura oficial do diálogo tripartito o pasado 20 de xaneiro, tanto os sindicatos como a patronal mostraron o seu interese por pechar un acordo sobre negociación colectiva antes de entrar a negociar unha reforma laboral e así llo fixeron saber ao Goberno para que atrasase as súas propostas respecto diso.

O calendario que manexaban as organizacións prevía un pacto bipartito na primeira quincena de febreiro, cuestión que parece que cumprirán.  É por iso que os órganos de goberno dos axentes sociais tamén estudarán esta reforma durante as reunións que manterán hoxe.

Así, cabe esperar unha pronta continuación do diálogo social, máis aínda cando os sindicatos non viron un xiro brusco nas propostas do Goberno e a CEOE considerou que, a primeira vista, son positivas.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río