PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
O BNG DENUNCIA PRESIÓNS A COLECTIVOS DE VIGO
Caballero prevé unha marcha exitosa contra a fusión

Europa Press O alcalde de Vigo, Abel Caballero, augurou que a manifestación convocada para hoxe para mostrar o rexeitamento á fusión de Caixanova e Caixa Galicia congregará 'ducias de miles de persoas', xa que así llo transmitiron diferentes colectivos e cidadáns.

Reloxo 09.02.2010 | 08:47

Rolda de prensa de Abel Caballero Rolda de prensa de Abel Caballero. AGN

O rexedor evitou dar unha cifra concreta de asistencia que puidese ser valorada como un éxito de participación, pero mantivo en todo momento que serán "moitísimos" os vigueses que se darán cita a partir das 20h00 horas no cruzamento de Vía Norte e a rúa Urzáiz para dirixirse posteriormente cara á Porta do Sol.

Caballero fixo un "chamamento a toda a cidade" para que "defenda" a súa "capacidade" e o seu "liderado" económico dentro do país e apuntou que o acto carece de "cor política" porque se trata de preservar a "dignidade" de Vigo, de tal xeito que a cidade "sexa tida en conta" e "nunca máis se vexa ameazada".

O alcalde tamén criticou os partidos e axentes sociais que apoian a fusión e a nova Lei de Caixas galega porque esta buscaba o "único obxectivo" de "eliminar" aos cargos directivos de Caixanova que "non atenderon á imposición" de apoiar a integración das dúas entidades financeiras.

O BNG denuncia presións

Pola súa banda, o tenente de alcalde vigués, o nacionalista Santiago Domínguez, denunciou que algúns colectivos da cidade recibiron presións para que se pronunciasen nun ou outro sentido e lamentou que se utilicen cargos representativos da cidade para lograr un posicionamento.

Domínguez lamentou que algúns clubs deportivos suspendesen os adestramentos previstos para hoxe pola tarde para facilitarlles aos seus membros e aos familiares dos nenos das categorías inferiores a asistencia á manifestación.

En todo caso, o dirixente nacionalista insistiu en que "calquera cidadán está no seu dereito de asistir" á mobilización, aínda que sinalou que esta "non defende" a Vigo, senón a creación dun Sistema Institucional de Protección (SIP) que "leve" o poder de decisión financeiro fóra de Galiza.

Para rematar, reiterou a súa predisposición a acudir ao acto promovido polo alcalde a condición de que o Goberno e o Banco de España "anulen as restricións" impostas para solicitar o Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB), que impiden a Caixanova acollerse a el por si mesma.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río