Redacción . O senador do BNG por designación autonómica, Xosé Manuel Pérez Bouza, preguntaralle hoxe ao Goberno central, no Pleno do Senado, os motivos que lle levaron a decidir recorrer a Lei de Caixas de Galiza ante o Tribunal Constitucional (TC), a diferenza das normativas aprobadas recentemente noutras comunidades.
Así o confirmou hoxe o grupo parlamentario, nun comunicado no que destacou que un membro do Goberno terá que explicar a razón pola que este actuou desta forma, xa que a lei galega contiña unha "regulación semellante" ás doutras autonomías.
Xosé Manuel Pérez Bouza, senador do BNG.
A previsión é de que o Goberno central responda á pregunta do senador do BNG a partir das 16h00.
Descargar Tarifas