PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Promoverá o documento en concellos e deputacións
O BNG busca apoios ao manifesto pro-fusión na administración local

Redacción .  O BNG promoverá, a través dos seus portavoces nos concellos e deputacións galegas, a adhesión ao manifesto 'Galiza ten dereito', co obxectivo de sumar apoios para 'garantir a galeguidade' das dúas caixas autonómicas a través da fusión.

Reloxo 08.02.2010 | 19:58

Guillerme Vázquez, portavoz nacional do BNG Guillerme Vázquez, portavoz nacional do BNG. Pepe Ferrín/AGN

"Galiza ten dereito a contar cun sistema financeiro eficiente ao servizo do país, regulado polo seu Parlamento, como expresión do autogoberno", proclama o manifesto, impulsado ante o proceso de reordenación bancaria no que se atopa inmerso o conxunto do Estado.

Nun comunicado, o BNG destaca que o Parlamento galego aprobou "por ampla maioría" unha reforma da Lei de Caixas que "democratiza" as entidades de aforro e engade que a resposta do Goberno central a esta "afirmación de autogoberno" non puido ser "máis desalentadora", en alusión á decisión do Executivo de interpor un recurso de inconstitucionalidade ante o Tribunal Constitucional (TC).

Agora, na procura de sumar apoios ao documento subscrito por sindicatos, patronal e PPdeG, o Bloque pretende facer chegar este documento ao ámbito local. Nel, recoñécese tamén que Galiza "ten dereito a que o Estado respecte o autogoberno galego e, ademais, a propiciar a fusión das súas caixas".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río