PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
TRABALLO ALEGA UN 'TRÁMITE DE URXENCIA'
A Xunta contratou a Plexus pedindo só outra oferta

Manuel Vilas Os operarios da empresa próxima ao PP acceden a datos confidenciais como informes médicos, segundo a CIG. Traballo nega tal extremo, pero indica que todas as empresas deben respectar a protección de datos.

Reloxo 09.02.2010 | 07:39
TAGS: plexus , traballo , cig , mato ,

Beatriz Mato, conselleira de Traballo e Benestar Beatriz Mato, conselleira de Traballo e Benestar. Jessica Barcala/AGN

A CIG acusou a semana pasada a Xunta de aproveitarse da "cesión ilegal" de 60 traballadores de Plexus, unha empresa próxima ao PP, para tramitar expedientes confidenciais da Lei da Dependencia. O sindicato denuncia tamén que Plexus non gañou concurso público algún para tal fin; como se pode comprobar no DOG e na Plataforma de Contratación.

Só pediu ofertas a dúas empresas con experiencia no programa

A ausencia de publicación da adxudicación débese a que se usou un "trámite de urxencia" para unha "asistencia informática", indican fontes oficias do Executivo a ANT. O Goberno pediu orzamento unicamente ás consultoras Plexus e Indra, "as únicas empresas que traballaran ou deseñaran a aplicación".

Segundo as mesmas fontes, limitar tanto as ofertas dun concurso público é legal, pois a cantidade do contrato é menor de 120.000 euros e faise por vía de urxencia. Traballo alega que tiña que solventar gran cantidade de expedientes ou perdería unha "inxección 60 millóns extra para pagar atrasos".

Os operarios de Plexus "pican" datos nos expedientes

O outro punto da polémica é se os operarios privados teñen acceso a datos confidenciais, circunstancia que a conselleira Beatriz Mato negou. A conselleira dixo o xoves que Plexus se dedicaba só a migración dos programas de tramitación da Dependencia.

Porén, fontes de Traballo indican agora que parte da labor de Plexus é "picar" datos nos formularios dixitais dos expedientes.

A CIG di que acceden mesmo a informes médicos

"Non é para nada un traballo informático, eles teñen acceso aos expedientes e mesmo chaman as familias directamente", responde Rodolfo Docampo, do comité intencentros da CIG, en declaracións a ANT.

O sindicalista salienta o carácter confidencial dos datos que manexan os operarios de Plexus; incluídos informes médicos, contas correntes e documentos de identidade. Docampo agarda que un próximo informe da Inspección de Traballo de Vigo corrobore as acusacións tanto de cesión ilegal de traballo como de posíbel vulneración da protección de datos.

O Goberno nega que operarios privados estean a chamar as familias ou accedan a datos confidencias. "Aínda que fose así, toda empresa que traballe con datos administración pública ten que cumprir a Lei de Protección de Datos", explica Traballo.

Novo concurso para migración que 'nada ten que ver' co labor de Plexus

A Consellaría de Traballo acaba de publicar por máis de medio millón un novo concurso para a migrar sistemas informáticos do Consorcio de Servizos Sociais. Malia que os programas traballan con axudas sociais,o Executivo di que o novo concurso "nada ten que ver" co labor que xa están a realizar Plexus.

A Inspección de Traballo estatal visitou a delegación da Xunta en Vigo o día 1 de Febreiro e, segundo a CIG, comprobou a presencia dos asalariados de Plexus. Traballo destaca que todos, uns 60 en Galiza, marcharán o día 10, acabado o contrato.

Beatriz Mato, conselleira de Traballo, tentou culpar o BNG, e en concreto a Anxo Quintana, da relación con Plexus. O Consorcio co bipartito adxudicou un servizo de soporte a esta empresa en 2009, pero o obxectivo deste contrato non inclúe a migración informática da que fala a consellaría.

Beneficiada por moitas adxudicacións 'populares'

Antonio Agrasar Cascallar, ex-asesor da CRTVG na era Fraga e persoa próxima ao círculo do ex-conselleiro de Cultura Xesús Pérez Varela, figura como apoderado desta empresa. Tamén foi directivo Xosé María Sánchez González, ex secretario xeral de Cultura con Pérez Varela, informa Europa Press.

Plexus gañou varias adxudicacións polémicas de administracións gobernadas polos conservadores, incluída a polémica reforma da web do Xacobeo.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río