Europa Press . O secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez, celebra que as enquisas digan que o seu partido 'arrasará' nas eleccións municipais do 2011 a pesar de que, a nivel estatal, o PSOE sufriu 'unha caída de sete puntos' nos últimos meses. Fronte a isto, en clave autonómica, destaca que a valoración do presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixóo, 'cae, mentres a percepción do Goberno galego 'empeora'.
Vázquez avanzou que analizará os datos da sondaxe que publica este luns La Voz de Galicia pero “tendo en conta que o reto máis próximo son as municipais”. A enquisa sinala que, de celebrárense eleccións, o PP ampliaría a súa maioría na Cámara galega en dous escanos a costa do PSdeG. De todos os xeitos, sinalou que estas sondaxes non teñen en conta o voto emigrante que, ao seu xuízo, beneficiaría ao PSOE, polo que interpretou que a intención de voto ao PP mantense "exactamente igual" que nas pasadas eleccións autonómicas. Ademais, o dirixente socialista remarcou que o Executivo autonómico se atopa na súa "lúa de mel" tras un ano ao mando da Xunta para incidir en que, a pesar diso, o PP "non incrementa un só voto". "No primeiro ano do bipartito, as enquisas dábannos un resultado absolutamente distinto do que saíu", concluíu. Cidades “socialistas” no 2011 En todo caso, apuntou que as sondaxes encargadas polo seu partido son similares ás publicadas polos medios pero con datos "máis substantivos". "Danos un bo escenario de confianza para 2011, e traballamos para iso", salientou. "O liderado das cidades seguirá sendo socialista", proclamou o líder do PSdeG, quen indicou que "o futuro", en alusión a "todos" os candidatos das urbes, "está por escribir", posto que se debaterá tras coñecer as propostas das asembleas locais e da Executiva. No caso concreto da tenente de alcalde de Pontevedra, Teresa Casal, que cogoberna co Bloque no concello da capital, destacou o seu "importante labor e coherencia", aínda que evitou pronunciarse claramente sobre a súa continuidade como "responsábel política" do PSOE na citada cidade.
Manuel Vázquez, secretario xeral do PSdeG.
Descargar Tarifas