Redacción . O presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixóo, advertiu hoxe que 'non sería comprensíbel' que o Goberno central sitúe a Galiza 'nun labirinto sen aparente saída', en alusión ao recurso contra a Lei de Caixas anunciado polo Executivo estatal.
Durante a súa intervención na inauguración da xornada Situación actual e perspectivas das caixas de aforros, o presidente da Xunta pediu “non converter” o proceso de fusión en Galiza, nun “erro histórico” e insistiu en que a solución, “non pasa por unha deslocalización financeira innecesaria, arbitraria e imposta”, senón que “debe decidila Galiza”. O presidente do Executivo, que resumiu a traxectoria das caixas de aforros galegas como “unha historia de éxitos”, explicou que Galiza “non quere desandar o camiño”. Núñez Feixóo proclamou que os galegos desexan que o seu aforro sirva de “panca” ao desenvolvemento da comunidade, polo que agardan que a solución para as caixas galegas respecte “os dereitos constitucionais dos galegos e de Galiza”.
O presidente da Xunta Alberte Núñez Feixóo.
Conversas con Madrid
Feixóo anunciou que tras a primeira toma de contacto do Goberno central o pasado sábado, “chamaranos de forma inmediata para dialogar”.
O presidente da Xunta repasou algúns dos puntos da Lei de Caixas de Galicia que o Goberno de Zapatero considera recorríbeis e expuxo os seus argumentos en favor da constitucionalidade da normativa.
Descargar Tarifas