PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Pide a comparecencia de Zapatero no Congreso
O PP desbota presentar de xeito inmediato unha moción de censura contra Zapatero

Redacción .  A secretaria xeral do PP, María Dolores Cospedal, sinalou hoxe que o PP non vai presentar, de forma inmediata, unha moción de censura pero si lle vai solicitar ao presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, que de xeito urxente explique cal é o seu plan para afrontar a crise económica.

Reloxo 08.02.2010 | 10:36

Dolores de Cospedal, secretaria xeral do PP Dolores de Cospedal, secretaria xeral do PP. Ramsés/AGN

Nunha entrevista en Onda Cero, a responsábel do PP asegurou que a credibilidade de Rodríguez Zapatero "está polo chan", pero tamén dixo que é consciente de que o Partido Popular ten que facer moito fincapé en materia económica "porque é o que máis lles preocupa aos españois".

Cospedal apuntou "apostamos pola economía, en primeiro lugar, e desatender os desexos dos cidadáns sería un suicidio non político, sería un suicidio para este país".

Sacar a España da crise

En relación ás enquisas, De Cospedal comentou que unha diferenza de seis puntos estando na oposición "non é fácil de conseguir", e asegurou que as sondaxes confirman que os cidadáns non confían no presidente do Goberno, nin tampouco confían en que este presidente vaia sacar a España da crise.

De Cospedal estimou que para que haxa confianza nos mercados internacionais cara a España, o mellor que pode facer o PP é presentar unha "oposición responsábel", demostrar que de verdade é alternativa e expor "un rumbo certo".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río