PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
No Parlamento
O PSdeG busca unha proposición conxunta co BNG e PPdeG para 'adaptar' a Lei de Caixas

Redacción .  O PSdeG proponlle ao PP e ao BNG presentar de forma conxunta unha proposición de lei para 'adaptar' a Lei de Caixas aprobada por 'populares' e nacionalistas no Parlamento galego ao ditame do Consello de Estado.

Reloxo 08.02.2010 | 07:58
TAGS: psdeg , ppdeg , bng , lei de caixas , lorca ,

Leiceaga con Manuel Vázquez no Parlamento Leiceaga con Manuel Vázquez no Parlamento. Pepe Ferrín / AGN

Para iso, o secretario xeral do PSdeG e presidente do Grupo Parlamentario Socialista, Manuel Vázquez, enviará hoxe sendas cartas ao presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixóo, e ao portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez.

Segundo explicou o PSdeG, o obxectivo da proposta é que "as tres forzas políticas representadas no Parlamento promovan conxuntamente a adaptación da Lei de Caixas á Constitución e á Lei Orgánica de Caixas de Aforro (Lorca), seguindo as indicacións do Consello de Estado".

Así, subliñou que, con estas modificacións da lei galega, o Goberno central retiraría o recurso aprobado no Consello de Ministerio do pasado venres.

No entanto, Manuel Vázquez puntualizou que, no caso de que PP e BNG non acepten, o PSdeG presentará a proposición de lei en solitario para o seu debate en pleno no Parlamento pola vía de urxencia.

“Despolitizar as caixas”

Neste sentido, Vázquez avogou por traballar en vía parlamentaria para chegar a un acordo que permita "achegar solucións" ao futuro do sistema financeiro galego, que pasa por "despolitizar as caixas" e "dialogar coas entidades" para "resolver no canto de impor".

Deste xeito, animou o titular da Xunta a "non desperdiciar" a colaboración técnico-xurídica que lle ofreceu a vicepresidenta primeira do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega, para adecuar a norma galega á Constitución e á Lorca.

Así mesmo, invitouno a sumarse á proposición de lei que hoxe lle proporá el mesmo "para solucionar os problemas da lei de Caixas de Galicia no Parlamento galego, que é onde se aprobou".

"Este sería o camiño para que a Lei de Caixas puidese saír de novo do Parlamento galego, tras a súa adecuación á Constitución e á Lorca, co apoio unánime de todos os grupos", sentenciou.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río