PUBLICIDADE
Luns, 15 de marzo de 2010
Por realizar fóra do país reunións da UE
O PPdeG di que 'os ministros galegos non se lembran de Galiza'

Redacción .  O PPdeG lamentou 'profundamente' que os ministros galegos do Executivo central 'non se acorden da súa terra' e leven fóra de Galiza catro das seis reunións sectoriais que presidirán con motivo da Presidencia Española da Unión Europea.

Reloxo 08.02.2010 | 07:43

Helena Salgado, ministra de Economía, con Alberte Núñez Feixóo, presidente da Xunta Helena Salgado, ministra de Economía, con Alberte Núñez Feixóo, presidente da Xunta. AGN

Segundo os 'populares', o detalle é "especialmente significativo", xa que a Presidencia española ten lugar no Xacobeo. Neste sentido, criticaron que o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, "pase" de Galiza para organizar a reunión cos seus homólogos europeos en Toledo; mentres que, ao seu xuízo, a vicepresidenta do Goberno e ministra de Economía, Helena Salgado, elixiu para a cita "a cidade que máis lle gusta, que é Madrid".

Así mesmo, o PPdeG censurou que a ministra de Medio Ambiente, Helena Espinosa, ofreza "o mesmo trato" a Vigo –onde terá lugar a reunión de ministros de Pesca europeos– que a Sevilla e Mérida, onde se reuniron os ministros de Medio Ambiente en Europa e onde se atoparán os de Agricultura, respectivamente.

Ademais da cita de Vigo, o Partido Popular sinalou que "só queda" a reunión informal de ministros de Transportes na Coruña do próximo venres día 12, e remarcou que son dúas datas das 29 reunións sectoriais programadas.

“Eclipsar”

Xunto a isto, subliñou que Galicia non acollerá "ningún" dos 15 foros internacionais que se celebrarán no Estado neste semestre "en pleno Xacobeo". "O Executivo de Zapatero trata de eclipsar a Galiza nun dos seus anos estrela", remarcou o PPdeG.

Así mesmo, reprochoulles aos ministros que en cambio se acorden repentinamente de Galiza cando tratan de manifestarse contra o Goberno galego".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río