Europa Press . Ao 90% dos galegos dálle igual a polémica sobre o decreto do ensino, en opinión do ex-líder do PP de Ourense, que acusa ao nacionalismo de querer eliminar ao castelán.
O presidente da Deputación de Ourense, Xosé Luis Baltar, destacou hoxe que o conflito lingüístico en Galicia é un "problema artificial" que "crean os políticos" e destacou que ao 90 por cento da poboación dálle igual. Nunha entrevista en RNE, recollida por Europa Press, Baltar destacou que o novo decreto que prepara a Xunta "non se aparta nada" da versión máis galeguista do PpdeG de Xosé Cuiña. "Os nacionalistas, que sempre queren levar as cousas ao extremo, empeñáronse en que ten que desaparecer o castelán e que só tiña que haber galego. Iso non pode ser", criticou e considerou que "cada un ten que ter liberdade e os nenos na escola, igual". "É un problema artificial, que o estamos a crear os políticos, pero que ao 90% da poboación lle ten sen coidado", sostivo e agregou que a poboación quere que se cumpra lei" e que saian os futuros cidadáns "con pleno coñecemento dos dous idiomas" e, se se inclúe o inglés, "pois moito mellor". Rivais de Baltar Por outra banda, preguntado sobre se Antonio Rodríguez Miranda, Roxelio Martínez ou Celso Delgado poideron quedar "tocados" tras o congreso provincial do PP, no que perdeu a lista na que ían incluídos, o ex presidente do Partido Popular de Ourense afirmou que "aquí non hai absolutamente ninguén tocado". Aquí non se marxina a ninguén", aseverou. Dimitirá da Deputación? Sobre o seu futuro político insistiu en que está "a disposición do partido" porque non quere "tirar a toalla". "Tiña moi claro cando decidín non optar á reelección que iso pasara á historia e, a verdade, o único que sento é que con moito menos peso nos ombros estou mellor, e parece que rexuvenecín", dixo. "Se o PP considera que o meu nome no cartel das próximas municipais pode servir para algo bo para o partido estou disposto a estar aí. Se di que mellor outra persoa, encantado, voume para casa e non teño problema", recoñeceu e matizou que non quería "pasar da actividade total a non facer absolutamente nada no aspecto institucional e político".
Xosé Luís Baltar, presidente da Deputación de Ourense.
Descargar Tarifas