PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
LÍDER DO PPDEG EN PONTEVEDRA
Martín descúlpase polo 'fillos de puta' aos medios

Europa Press 'Ti xa sabes como son os medios. Os medios son uns fillos de puta', díxolle a Feixóo no seu despacho o venres. Este sábado cualificouno como 'unha expresión moi desafortunada na que se puido interpretar unha descualificación'.

Reloxo 06.02.2010 | 19:24
TAGS: telmo martín , pp , medios , ,

Telmo Martín na reunión con Feixóo Telmo Martín na reunión con Feixóo

O voceiro do Partido Popular en Pontevedra, Telmo Martín, pediu hoxe desculpas por referirse onte aos medios de comunicación co cualificativo "fillos de puta" durante unha reunión co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Nun conciso comunicado de prensa, Telmo Martín pediu publicamente desculpas "por unha expresión moi desafortunada na que se puido interpretar unha descualificación aos medios de comunicación".

Así, o voceiro 'popular' en Pontevedra considerou "absolutamente inaceptable" a expresión recollida xunto a unhas imaxes captadas durante o acto, e que foron remitidas nun vídeo, , que se pode consultar na web da Ser, polo seu propio gabinete de prensa para dar conta do encontro con Feijóo, nas que se lle vía charlando de xeito distendido co presidente da Xunta e nas que se podía oír durante a charla o cualificativo.

Fontes 'populares' aclararon hoxe a Europa Press que a afirmación realizada por Telmo Martín --na que dicía a Feijóo: "Ti xa sabes como son os medios. Os medios son uns fillos de puta"-- "non responde ao pensamento interno" do Partido Popular e "non deixa de ser unha anécdota sen importancia".

Deste modo, as mesmas fontes subliñaron que "o PPdeG, en xeral, e Telmo Martín, en particular, senten un profundo respecto polos medios de comunicación".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río