PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
LÍDER DO PP DE PONTEVEDRA
Martín: 'Os medios son uns fillos de puta'

Redacción .  No PP urbano molesta que a prensa conte a lea co sector da boina, segundo se deduce dunhas declaracións do líder da oposición no Concello de Pontevedra nunha conversa con Feixóo.

Reloxo 06.02.2010 | 09:33
TAGS: telmo martín , pp , medios ,

Telmo Martín na reunión con Feixóo Telmo Martín na reunión con Feixóo

"Os medios son uns fillos de puta" asegura Telmo Martín mentres conversa este venres no despacho do presidente da Xunta. Non está claro a quen se dirixe este insulto, máis é probábel que sexa unha queixa polo tratamento informativo do recente e polémico congreso de Ourense.

Neste tipo de reunións, os políticos deixan aos reporteiros gráficos filmar ao comezo da conversa, unha práctica coñecida como "mudo". O máis curioso do asunto é que o vídeo, que se pode consultar na web da Ser, foi distribuído, seguramente por error, polo propio servizo de prensa do concelleiro pontevedrés.

O obxectivo da reunión era, en teoría, coordinar as infraestruturas autonómica para a cidade do Lérez. Martín aínda non deu explicacións nin pediu desculpas pola súas palabras.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río