PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
A súa 11ª edición está adicada ás cidades imaxinarias
O Salón do Libro de Pontevedra abre hoxe as súas portas

Redacción .  A onceava edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra abre hoxe as súas portas no Pazo da Cultura desta cidade. O tema de fondo elixido para esta ocasión son as cidades imaxinarias. O programa inclúe numerosos obradoiros, obras de teatro, exposicións e presentacións que se estenderán até o 14 de febreiro. De xeito extraordinario e fóra das actividades do Salón propiamente ditas, inclúese a homenaxe a Agustín Fernández Paz o día 13 de marzo.

Reloxo 07.02.2010 | 11:03

Nenas ollando libros infantís Nenas ollando libros infantís. Paco Vilabarros

A inauguración será hoxe ás 11h00 no Auditorio do Pazo da Cultura O Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra.

A programación desta edición diríxese a toda a familia e ten como obxectivo que nenos e pais se divirtan e descubran xuntos a mundo dos libros igual que se estivesen no seu fogar.

As actividades previstas inclúen espectáculos, música, conferencias e outros actos ademais de exposicións e varios obradoiros relacionados coa literatura e teatro infantil e xuvenil, e eventos nos propios centros escolares da cidade.
O Pazo da Cultura

Homenaxe

Nesta edición o Salón do Libro recoñece a traxectoria literaria de Agustín Fernández Paz. O escritor recibirá unha homenaxe o 13 de marzo no Pazo da Cultura da man de Xabier P. do Campo.

O emprazamento no que terá lugar este acto conta cunha exposición sobre o homenaxeado e o libro das Viaxes Imaxinarias de Xabier P. do Campo.

O horario de apertura durante a semana lectiva é de martes a venres, de 17h00 a 21h00, excepto os luns, que estará pechado. Os sábados de 11h00 a 14h00 e de 17h00 a 21h. Domingos e festivos, de 11h00 a 14h00.

A edición de 2010 tamén conta con espazos e actividades na Biblioteca Pública de Pontevedra, Casa das Campás, na Galería Sargadelos e a sede pontevedresa de Caixa Galicia.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río