Europa Press . O presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixóo, advertiu hoxe ao Goberno central de que 'se hai algún acto inconstitucional' é que este recorra a Lei de Caixas de Galicia. Feixóo dixo que a norma galega 'é igual e idéntica' a outros marcos lexislativos que si 'referendou noutras comunidades autónomas onde goberna o PSOE', aludindo ás normativas catalá e andaluza.
“O que é máis inconstitucional é tratar de forma desigual os cidadáns”, recriminou Feixóo nunha entrevista na Cope recollida por Europa Press. Na súa intervención radiofónica o presidente da Xunta acusou ao Goberno de “actuar de forma desleal na forma e non fondo” en relación á Lei de Caixas que foi aprobada o pasado 29 de decembro con votos do PP e o BNG. Feixóo reiterou que só existen dúas posibilidades: ou entregar as caixas a entidades con sede fóra de Galiza ou “facer un esforzo de concentración para facer unha gran caixa galega”.
O presidente da Xunta Alberte Núñez Feixóo.
O titular do Executivo reprochoulle ao Goberno estatal que a Xunta non foi informada de que se ía presentar un recurso de inconstitucionalidade contra a nova Lei de Caixas e tivo que solicitar o expediente directamente ao Consello de Estado. “Non sabemos de que se nos acusa”, laiose Feixóo, que engadiu que tamén se incorre en deslealdade “no fondo” porque “os preceptos que vai a recorrer son idénticos á lei catalá ou a andaluza”.
Núñez Feixóo confesou que José Luis Rodríguez Zapatero “decidiu recorrer a Lei de Caixas no momento en que viu que Galiza quería estar dentro do mapa financeiro español e que non había disposición para que as caixas galegas se converteran en sucursais de caixas doutras partes de España”.
Críticas ao PSdeG
“O PSOE e o PSdeG están a facer unha oposición a Galiza”, dixo o xefe de Goberno aludindo a oposición da forza política á fusión de Caixanova e Caixa Galicia.
Descargar Tarifas