Redacción . Os comunicados en soporte impreso que emitan o Congreso e o Senado incluirán o logotipo do 'Xacobeo 2010 Galicia' tras a aprobación desta iniciativa por unanimidade pola Mesa do Congreso.
Esta resolución responde a unha proposta presentada o pasado mes de outubro polo presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixóo, ao presidente do Congreso dos Deputados, José Bono, durante a visita institicional que este último fixo a Galiza.
Logotipo do Xacobeo 2010
Feixóo, que remitiu unha carta de agradecemento aos responsábeis do Congreso dos Deputados, José bono, e do Senado, Javier Rojo, subliñou que “é un motivo de especial orgullo que a sede da soberanía popular española promova o Ano Santo difundindo a mensaxe do Xacobeo nun ano tan significativo para Galiza”.
Descargar Tarifas