PUBLICIDADE
Xoves, 11 de marzo de 2010
Proposición non de lei do BNG
O PP rexeita mellorar a formación dos docentes

Redacción .  Os Grupos Parlamentarios do PSdeG e do BNG pedíronlle á Xunta que 'reforce' tanto con fondos como con persoal os centros de formación permanente do profesorado tras os 'recortes' realizados nos meses previos pola Administración autonómica, algo que o Grupo 'popular' considerou 'inconsistente' apelando á 'austeridade'.

Reloxo 05.02.2010 | 09:14

Unha profesora impartindo a clase Unha profesora impartindo a clase. Paco Vilabarros

Así, nunha Proposición non de Lei presentada polo Bloque Nacionalista Galego e debatida onte na Comisión 4ª de Educación e Cultura, Carme Adán considerou "básica" a formación permanente do profesorado e cualificou de "lamentábel" a xestión realizada pola Consellaría de Educación nesta materia.

Concretamente, recordou a "importante diminución" dos orzamentos dedicados á formación do profesorado nas contas para 2010 –que cifrou dun 25 por cento– así como a supresión durante o verán dalgúns asesores para a formación previa "campaña de desprestixio", polo que lle solicitou á Xunta que poña en marcha acciones "en positivo" nesta materia, evitando a redución de prazas.

Emenda do PSdeG

Na mesma liña, o socialista Guillermo Meijón emendou a PNL coa petición á Xunta de que modifique a partida dedicada nos Orzamentos para 2010 á formación do profesorado e que "equipare" estes fondos aos destinados en 2009; así como que "recupere, como mínimo", o persoal que realizaba os labores de formación durante o curso 2008-2009.

Pola súa banda, o deputado do PP Román Rodríguez, viu "inconsistente" e "sen sentido" a PNL, e recordou que "con menos recursos humanos" nos Centros de Formación se programaron "este ano máis cursos que o anterior". A iniciativa foi rexeitada polos votos en contra do PPdeG

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río