PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Ás 20h30 nunha multipresentación
ProLingua presenta '55 mentiras sobre a lingua galega'

Redacción .  Máis de 70 presentacións ao longo do país e en distintos puntos do planeta. O colectivo en defensa do galego ProLingua presenta hoxe ás 20h30 de xeito simultáneo '55 mentiras sobre a lingua galega', 'un libro bomba para estoupar contra a mentira', en palabras do coordinador, o doutor en Filoloxía Galega, Henrique Costas.

Reloxo 05.02.2010 | 08:47

Presentación de Prolingua na Faculdade de Filoloxía Presentación de Prolingua na Faculdade de Filoloxía. Roxelio X. García Romero

Ás 20h30 terá lugar a presentación de 55 mentiras sobre a lingua (Laiovento), un traballo co que ProLingua trata de “axudar a sociedade a desmontar con argumentos os prexuízos e as manipulacións máis comúns sobre o galego”.

O coordinador do libro e director da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, Henrique Costas, di non coñecer “ningún caso de multiplicación de presentacións tan numeroso e simultáneo”. “Para non ter que decantarnos por unha cidade, decidimos presentar o libro nas vilas onde houbese persoas dispostas a dar a cara polo galego. Ao final, participará xente dunhas 20 nacionalidades, a meirande parte, galegos”. “O 18 de outubro e o 21 de xaneiro todos fomos Queremos Galego, e o 5 de febreiro todos seremos ProLingua”, engade.

Costas sinala que aos poucos foron sumándose á presentación da obra. “Sabemos de sitios onde varias persoas van coller o libro e falar del diante de asociacións, círculos de amigos...”. “O cabalo da indignación contra a mentira desbocouse e corre ceibo polos camiños da patria”, apunta.

Lugares da presentación

A Coruña, Sala de Prensa Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande, entrada por Rúa da Estrela): Mercedes Queixas, Pancho Pillado, Martin Pawley e Alfredo Ferreiro.

A Estrada, Agrupación Cultural KenKeirades: David Otero e Antía Otero.

Allariz, Fundación Vicente Risco: Teresa Devesa e Antonio Blanco.

Baio (Zas), Auditorio de Baio: Teresa Castro, Antonio Díaz Amor, Ricardo Vigueret.

Baiona, Biblioteca Municipal: Concha Costas e Anxo Ratel.

Barcelona, Centro Galego (Rambla Caputxins 35-37): Pere Comelles, Sabela Labraña, Xiana Díaz e Paulo Filgueiras.

Bethelem (Palestina), Libraría Kalila w-Dimma: Moncho Iglesias Miguez e Samar Sabat.

Bos Aires (Arxentina), Biblioteca Galega de Bos Aires, na Federación de Sociedades Galegas (rúa Chacabuco 955): Débora Campos, María Rosa Lojo, María Rosa Iglesias, Andrea Cobas Carral e Paco Lores, ás 19h00.

Bruxelas (Bélxica), Livraria Orfeu: Ana Fontal, Xavier Queipo e Manuel González.

Bueu, Museo Massó: Eva Rivas, Xabier Castro, Carme Novas Ferradás, Lucía Novas.

Cacheiras-Teo, Mediateca do Grilo: Carme Hermida, Xosé Mª Lema Suárez e Rosa Moreiras Cuñarro.

Caldas de Reis, Biblioteca Municipal: Ana Rial, Cesar Longa e Xosé Candal.

Cambados, libraría Ramón Cabanillas (Rúa do Hospital, 40, baixo): Paco Fdez. Rei, Emilio Insua e Pilar Ponte.

Cangas, Auditorio Municipal: Héitor Mera, Rita Paredes, Ana Ameal e Xosé Manuel González.

Carballo, Pazo da Cultura: Xan Fernández Carrera, Silvana Castro e Farruco Fraga.

Carnota, Confraría de Pescadores de Lira: Chisco Naval, Mercedes Díaz Maián e Belén Campos.

Celanova, Aula de Cultura Caixa Galicia: Xoán Carlos Domínguez Alberte e Leopoldo Rodríguez Puga.

Cerceda, Biblioteca Pública de Cerceda: Xosé Bocixa e Manuel Lourenzo.

Chantada, Casa da Cultura: Manolo Figueiras e Xosé Miranda.

Copenhague (Dinamarca), Libraría-Café Rayuela (Fælledvej 5): Alejandro Tobar e Iago Cordal, ás 18:00.

Corcaigh/Cork (Irlanda), Book Library da University College Cork, ás 17h15 h: Carlos Seco, Ciaran Dawson e Xoán Sartal.

Cotobade, Multiusos de Carballedo: Hadrián Faílde Perdiz, Antón Vidal Andión e Malores Villanueva.

Cuntis, Casa da Cultura: Héitor Picallo Fuentes, Olimpo Arca, Maka Arca Camba, Silvia Fernández Piñeiro e Santiago Martínez López.

Fene, Casa da Cultura: César Yáñez, Moncho Gándara, Quique Sanfiz.

Ferrol, Ateneo Ferrolán: Xosé Manuel Pérez Sardiña, Xosé Lastra e Xosé Manuel López Leira.

Gondomar, Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira nº 10): Xilberte Manso, Gonzalo Navaza. En Gondomar a presentación será ás 20h00.

Guitiriz, Casa das Palabras: Alfonso Blanco

Lalín, Museo Ramón María Aller: Rafa Cuíña, Alberto Granxa e Luz Méndez.

Lisboa (Portugal), Casa do Brasil, 21h30: Antonio Mira e André Filipe Simões.

Londres (Gran Bretaña), Instituto Cañada Blanch, 317 Portobello Road, 19h00: Inma Gil Rosendo e Eva Moreda.

Lubián (Zamora), Salón de plenos do Concello de Lubián (Souto da Feira, 7): Felipe Lubián e Carme Pousa

Lugo, Librería Trama: Paco Martín e Antonio Reigosa.

Madison (Wisconsin, EEUU), University of Wisconsin, Edif. Ingraham, Aula 133: David MacKenzie.

Madrid, Ateneo de Madrid: Alejandro Hermida, Asunción Canal Covelo e Laura Montes García.

Marín, Biblioteca Municipal: Ana Acuña, Carlos Solla e Lucía Outeiro.

Melide, Centor Social Xosé Vázquez Pintor: Vanessa Martínez Iglesias, Xosé Vázquez Pintor, Xosé Luís Santiso e Valentina Formoso.

Moaña, Centro Cultural Daniel Castelao: Asunción Soñora Abuín, Daniel Costas Currás, Benxamín Riobó Sanluís e Xabier Cordal.

Monforte, Galería Sargadelos: Xosé Manuel Eyré e Suso Verao.

Nablús (Palestina), Libraría Kubut: Fahed Salahat e Mohamed Salahat.

Nigrán, Casa do Concello: Anxo Valverde, Xan Lois Cabreira e Emma Lázare.

Noia, Casa da Cultura Avilés de Taramancos: Lola Arxóns, Agustín Agra e Carlos Maquieira.

Nova York (EEUU), New York City University: Alexandre Alonso Nogueira e Humberto Ramilo Costas.

O Barco, Biblioteca Municipal: Manuel Agra, Luísa G. Macía e Xaquín Freixeiro.

O Grove, Casa da Cultura "Lueiro Rei": Xesús Mª González Domínguez, Luís Rei, Rosario Pérez Magdalena e Patricia Arias Chachero.

Ourense, Ateneo de Ourense: Serafín Alonso, Xosé Antón Laxe Martiñán e Xián Bobillo.

Padrón, Casa do Patín: Anxo Angueira, Rita Bugallo e Xosé García Lapido.

París (Francia), Instituto Cervantes (sala 1.3): Martinha Varela e Antón Figueroa.

Pobra de Trives, Casa da Cultura: Mónica Baleirón e Mª Luísa Travieso.

Ponferrada, Sala da Obra Social de Caja España en Ponferrada: Paco Velasco, Nuria Varela e Rafael Adán

Ponteareas, Biblioteca Municipal: Alberte Reboreda, Anxo Saborido e Xosé Manuel Moo.

Pontedeume, Centro Municipal de Maiores: Xosé Francisco Correa Arias, Xoán Lorenzo Crespo.

Pontevedra, Galería Sargadelos: Ana Outón, Ana Iglesias e Elvira Ribeiro.

Ribadavia, Casa da Cultura: representantes da Plataforma Ribeiro pola Lingua.

Ribadeo, Casa das Letras: Xavier Campos e Rocío Dourado

Ribeira, Ateneo Valle Inclán: Encarna Pego, Miguel Louzao, Pura Prado e Alexandre Cortés Ayaso.

Salceda de Caselas, salón de actos do CEP Altamira: Suso Sánchez e Flori Veloso.

San Martiño de Trebello (Val do Ellas, Extremadura), Casa do Concello: Domingos Frades Gaspar, Severino López Fernández e Máximo Gaspar.

Santiago, Librería Couceiro: Xosé Luís Regueira, Antón Dobao e Mª do Carme Ríos Panisse.

Saraievo (Bosnia), Kulturni Center Fuad Jahic: Jairo Dorado.

Trintxerpe (Guipúzcoa), Tenencia de Alcaldía de Trintxerpe, concello de Pasaia: Xosé Estévez, Manolo Irixoa, Filipe Domínguez e Koldo Izagirre.

Tübingen (Alemaña), Libraría Rosa Lux (Lange Gasse 27), 20.00: Aitor Rivas, Johannes Kabatek e Mariana Petitti

Tui, área Panorámica (antigo S. Paio): Helena Pousa e Alberto Valverde.

Verín, Casa da Cultura: Xesús Lantes, Bieito Barreira e Zeltia Barreira.

Viana do Bolo, IES Viana do Bolo: Carlos Ferreiro González e Patricia Fernández López.

Vigo, Casa Galega da Cultura (Fundación Penzol): Xosé Henrique Costas, Manuel Bragado, Agustín Fernández Paz

Vilafranca do Bierzo, Casa da Cultura de Vilafranca: Marisa Cela e Antonio Nestral.

Vilagarcía, auditorio municipal: Xan Guillén, Héitor Silveiro e Cruz López Martínez.

Vilalba, Salón de Actos da Casa da Cultura: Primitivo Iglesias, Luis Villares, Moncho Paz, Ricardo Polín e Antía Veres Gesto.

Vitoria/Gasteiz, salón de actos do Centro Galego de Vitoria: Xavier Iglesias, Itziar Ayestaran, Idoia Ezeiza e Débora Álvarez Moldes.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río