Redacción . O xefe do Executivo galego, Alberte Núñez Feixóo, trasladou hoxe o seu 'respecto' cara ao empresario Adolfo Domínguez e reprobou as 'descualificacións gratuítas' que, ao seu xuízo, se verteron onte contra o deseñador galego, tras defender este o despedimento libre, lanzar duras críticas cara ao Goberno central e manifestar o seu rexeitamento cara ao Estado de Benestar.
"Un grande empresario que viste a millóns de persoas e leva a moda galega por todo o mundo merece respecto e, polo menos desde o meu Goberno, vaino ter, aínda que poida que non comparta todas as súas opinións", avisou Feixóo, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, onde erixiu a Domínguez en "grande emprendedor" e achacou as súas palabras á "decepción" pola crise.
Alberte Núñez Feixóo, presidente da Xunta.
De feito, o presidente estendeu a "decepción" do modisto galego a "outros empresarios, traballadores e parados" que residen en España e recalcou que, cando o comisario Joaquín Almunia advertiu de que España, Grecia e Irlanda están na "peor situación da Unión Europea", coincidiu co seu diagnóstico.
Descargar Tarifas