PUBLICIDADE
Martes, 16 de marzo de 2010
Si aspectos puntuais ou técnicos
Feixóo non aceptará recortes á Lei de Caixas

Europa Press O presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixóo, manifestou hoxe a súa vontade de negociar 'até o último segundo' co Goberno central para evitar un recurso á Lei de Caixas, e mostrouse disposto a modificar aspectos puntuais ou técnicos, pero advertiu de que, en ningún caso, aceptará 'recortes' que freen 'principios' aceptados noutras autonomías.

Reloxo 04.02.2010 | 16:02

Alberte Núñez Feixóo, presidente da Xunta Alberte Núñez Feixóo, presidente da Xunta. AGN

"Se ten dúbidas lexítimas e de boa fe, sentámonos e vémolas; esa é a nosa folla de ruta", subliñou o mandatario galego na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, onde matizou que se o que se busca é "bloquear" o futuro de Caixa Galicia e Caixanova, será "responsabilidade" do Goberno de España e dos socialistas galegos, pero el non participará.

Feixóo insistiu en que a Xunta prefire "o diálogo ao conflito e a solvencia e galeguidade ao bloqueo das caixas" antes de recordar que a lei que as regula foi aprobada por "dous terzos" do Parlamento galego polo que un recurso á mesma iría contra a Cámara, non contra el ou o seu Goberno.

Como proba da súa vocación "negociadora", aludiu aos "contactos continuos mantidos" nas últimas semanas, e lamentou que, aínda así, todo apunte a que este seguirá "as directrices de Ferraz" e recorrerá finalmente a lei de caixas. "Seguiremos pedíndolle até o último segundo que non o faga", proclamou respecto diso.

Consultaralle ao BNG

Neste escenario, o presidente mostrouse disposto a negociar co Estado "algunhas cuestións" puntuais da normativa, fundamentalmente de carácter técnico, consultando co BNG calquera posíbel cambio, aínda que advertiu de que non admitirá recortes de "principios" lexislativos que leven ás caixas "a unha situación de precipicio".

"Un galego ten os mesmos dereitos que teñen un andaluz, un catalán ou un vasco", argumentou, a continuación, Núñez Feixóo, quen salientou que Galiza ten "vida intelixente" que sabe tender a man e negociar, pero tamén "ler" as leis aprobadas recentemente noutras autonomías. "E na norma galega non hai ningún precepto que non estea nelas", remarcou para esixir, ao tempo, "que non se castigue, ameace ou bloquee a Galiza".

Para rematar, Alberto Núñez Feixóo evitou profundar nas declaracións realizadas hoxe polo portavoz económico do PP, Cristóbal Montoro, quen asegurou na Cadea SER que a Lei de Caixas estatal teríase que "facer xa" para "despolitizalas", á vez que avogou por "reducir as competencias" das comunidades autónomas en tempos de crise económica.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río