PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
Propón darlles estabilidade aos traballadores
O PSdeG quere 'limitar' a publicidade na CRTVG

Redacción .  O portavoz da área institucional do Grupo Parlamentario Socialista, Xosé Manuel Laxe, mostrouse hoxe partidario de 'limitar' a publicidade nos medios públicos de Galiza seguindo o exemplo dos estatais. De feito, considerou que a TVE é 'un bo exemplo' e 'un modelo a ter en conta' á hora de 'finiquitar unha televisión de partido e abrir un escenario de independencia e de traballo sen presións políticas'.

Reloxo 04.02.2010 | 15:46
TAGS: xosé manuel laxe , tvg , crtvg , TVG ,

Xosé Manuel Laxe, deputado do PSdeG Xosé Manuel Laxe, deputado do PSdeG. Irene molina/AGN

Tras rexistrar unha interpelación na que defendeu a necesidade de dotar os medios de comunicación públicos dun novo marco lexislativo, o socialista apostou por "preservar" as características de "servizo público" da Radio Galega e a Televisión de Galicia en canto a "calidade" e "defensa" da lingua propia e tamén destacou a importancia de pasar "dunha televisión gobernamental a outra na que se visualice a pluralidade".

A maiores, reivindicou unha mellora nas condicións laborais dos traballadores da Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) e apostou por darlles "estabilidade" co fin de "contribuír" a que os profesionais "poidan desenvolver o seu labor sen presións nin consignas políticas".

Así mesmo, advertiu de que os medios públicos galegos non poden permanecer alleos á "revolución tecnolóxica" que se está levando a cabo e que modifica as formas de relacionarse entre a poboación. "A adaptación aos cambios tecnolóxicos terá que acompañarse dunha modificación legal que cre un novo marco normativo que regule a súa misión de servizo público", concluíu o deputado do PSdeG.

Cambios na Dirección

A última das propostas centrouse no nomeamento da dirección do ente e concretou que o director xeral debe ser elixido por maioría cualificada na Cámara autonómica. Estendeu este requisito ao Consello de Administración, que non terá posibilidade de renovar tras ocupar o cargo durante un período superior ao da lexislatura.

Neste punto, Laxe Tuñas evocou o nomeamento do actual director xeral do ente, Alfonso Sánchez Izquierdo, para incidir en que "é un director de parte, posto a dedo" polo presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixóo. Precisamente, censurou que o xefe do Executivo autonómico actuou "como un trileiro" nesta ocasión.

Xestión do bipartito

Para rematar, preguntado por que non se reformou a normativa durante o Goberno bipartito da Xunta, o socialista sentenciou que iso "non é óbice nin impedimento" para dar agora "un paso adiante". "Auga pasada non move muíño", resolveu.

"Hai que aprender do pasado, pero os cidadáns axuizarannos polo presente e polas decisións que tomemos sobre o futuro", esgrimiu, convencido de que se deu "un tempo razoábel" aos actuais dirixentes e de que ao seu grupo lle toque "facer unha avaliación". "Poremos sobre a mesa medidas positivas para Galiza", afirmou.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río