PUBLICIDADE
Venres, 03 de setembro de 2010
O voceiro do PP de Cerceda critica a política lingüística de Feixóo
Manuel Becerra: 'Se Franco non arrincou o galego, menos o fará Feixóo'

Redacción .  O único concelleiro do PP de Cerceda, Manuel Becerra Souto, non quixo votar en contra da moción presentada polo grupo socialista para instar á Xunta a retirar as bases do decreto da lingua no ensino non universitario. O voceiro ‘popular’ neste concello defendeu a súa abstención asegurando que ‘Feixóo non vai arrincar a lingua’ deste país.

Reloxo 04.02.2010 | 10:11
TAGS: Cerceda , PP , Becerra , Feixóo , lingua ,

. Paco Vilabarros

Durante o debate en pleno da moción, que se celebrou o pasado 28 de xaneiro, o concelleiro popular asegurou que “se Franco non arrincou a lingua deste pais en corenta anos, menos o fará Feixóo”. Deste xeito, argumentaba a súa abstención na votación da iniciativa do PSdeG.

O único concelleiro do PP no municipio de Cerceda non quixo opoñerse á proposta, aprobada finalmente cos nove votos socialistas e os tres nacionalistas. No texto da moción, o goberno local insta á Xunta a retirar as bases do borrador presentado o 30 de decembro; a cumprir coas obrigas estatutarias de normalización da lingua propia en todos os planos da vida pública; e a retornar ao consenso político e social estabelecido no marco regulado pola Lei de Normalización e o Decreto 124/2007.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río