Redacción . O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, destaca a necesidade de poñer en marcha un pacto estatal en materia educativa ‘no que participen todos os partidos políticos e no que se estabelezan unhas directrices comúns para todos’.
Durante a súa intervención nas xornadas 'Olladas ao futuro inmediato da educación', Vázquez Abad considerou que a devandita medida "será unha boa ferramenta para lograr as ensinanzas reguladas" e para asegurar "as melloras para o futuro dos alumnos e as alumnas". Así mesmo, condicionou o "porvir" das "novas xeracións" á "capacidade para incrementar os niveis educativos", ademais de considerar o investimento neste ámbito como "a máis importante que pode facer un país". As xornadas 'Olladas ao futuro inmediato da educación' continuarán o próximo mércores día 10 na aula social Caixanova de Ourense, coa participación de "máis de 200 profesores".
Xesús Vázquez, conselleiro de Educación.
Descargar Tarifas