PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
E a presenza do sector en feiras
Cultura acorda as liñas de actuación coa Banda Deseñada

Europa Press O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, reuniuse onte con representantes de banda deseñada para avanzar nas liñas de colaboración estabelecidas co sector de cara a 2010, falar sobre axudas a creadores e tratar a presenza do sector en feiras internacionais e nacionais.

Reloxo 04.02.2010 | 07:40

Cartaz das Xornadas de Cómic de Pontevedra Cartaz das Xornadas de Cómic de Pontevedra

Neste sentido, o director xeral cifrou en perto de 600.000 euros a contía que a Xunta destinará este ano á promoción da banda deseñada galega e anunciou que se porán en marcha actuacións para a promoción do cómic galego como a potenciación da súa presenza en feiras estatais e internacionais de gran importancia como o Salón Ficomic de Barcelona ou o Salón de Bruxelas.

Por outra banda, Francisco López asegurou que a Consellaría de Cultura traballarán na política de adquisicións de cómic para as bibliotecas co obxectivo de crear hábitos de lectura de banda deseñada, tanto na poboación infantil e xuvenil como entre os adultos.

Dentro deste proceso de adquisición de fondos, primarase a adquisición de revistas, álbums e publicacións galegas para o que se pretende destinar unha cantidade aproximada de 100.000 euros. Entre as novas iniciativas destaca tamén un apartado dedicado ao cómic dentro da Biblioteca Dixital da Biblioteca de Galicia.

Axudas

A Consellaría de Cultura aprobou o pasado 21 de decembro unha orde de axudas que apoiará a creación de proxectos de banda deseñada galega e que contará cun orzamento inicial de 30.000 euros. A actividade subvencionada con cargo a esta orde, cun máximo de 6.000 euros por beneficiario, deberá contribuír á normalización da lingua galega e desenvolver as súas accións de publicidade e difusión en galego.

Ademais, dentro da súa liña de apoio á banda deseñada galega, Cultura manterá a itinerancia das exposicións 'Viñetas descubertas-Certames galegos 2000-2008' e 'Miña terra Galega' por todo o país.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río