PUBLICIDADE
Sábado, 13 de marzo de 2010
Tutela de liberdade sindical
A CIG querelarase contra Arriva por persecución aos seus afiliados

Europa Press Representantes da CIG acusaron hoxe a dirección da empresa de transportes Arriva de 'persecución' aos delegados e afiliados desta organización sindical, que anunciou hoxe a súa intención de presentar 'nos próximos días' unha demanda de tutela de liberdade sindical ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Reloxo 03.02.2010 | 20:38
TAGS: cig , tsxg , arriva , denuncia ,

Suso Seixo, secretario xeral da CIG Suso Seixo, secretario xeral da CIG. Paco Vilabarros

En rolda de prensa, o secretario da Federación de Transportes da CIG, Xesús Pastoriza, explicou hoxe que hai dous anos, coincidindo co cambio de dirección de Arriva Noroeste, a empresa solicitou á CIG a súa "colaboración" para modificar as relacións laborais no conxunto de centros de traballo de Galicia.

Con todo, Pastoriza asegurou que en pouco tempo "quedou patente a mala vontade da compañía" e sostivo que aos traballadores afiliados á CIG se lles deixou "sen fins de semana libres durante meses, dándolles as peores quendas e rescindindo contratos".

Así mesmo, acusou a Arriva de "negarse sistematicamente" a reunirse co sindicato e cos seus delegados. "Foi entón cando decidimos enviar un burofax comunicando que esa colaboración solicitada non tiña sentido e que se ía a denunciar todas as irregularidades cometidas pola empresa", apuntou.

Resposta da empresa

Pastoriza sostivo que a resposta da empresa foi "comunicar cambio nas quendas, sistema de rotacións e descansos" e afirmou que "chegan a tal grao que até fan oficial a represión aos traballadores", indicou ao asegurar que tamén se lles indicou "que se procedería a realizar un estudo das contratacións temporais".

Pola súa banda, o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, advertiu de que o sindicato "non vai permitir ningún tipo de recortes de dereitos dos traballadores" e avanzou que o sindicato adoptará "todas as medidas de carácter legal e realizará todas as mobilizacións precisas para reclamar que os dereitos dos traballadores sexan respectados".

A CIG, que presentou denuncias ante a Inspección de Traballo, non descartou hoxe presentar unha querela criminal contra a responsábel de Recursos Humanos de Arriva por presuntas coaccións e vulneración de dereitos.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río