PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Segundo a CIG
PSdeG e BNG comprométense a abrir o debate no Parlamento sobre Seaga

Europa Press Os comités provinciais do Servizo Agrarios Galegos (Seaga) entrevistáronse cos grupos parlamentarios do PSdeG e BNG nos últimos días e, segundo indicou a CIG, ambas as formacións políticas se comprometeron a abrir o debate desta empresa pública no Parlamento.

Reloxo 03.02.2010 | 20:17
TAGS: seaga , medio rural ,

Incendio forestal en Galiza Incendio forestal en Galiza. Miguel Vidal/Reuters

Deste xeito, os comités de Seaga denunciaron que o volume de traballo desta empresa foi diminuíndo até o punto de que de 1.200 persoas que traballaban para o ente público por estas datas, no ano 2009 –800 delas brigadistas–, na actualidade só contan con 200.

Para os comités, o "máis grave" é que a estas alturas non están deseñada nin a precampaña nin a campaña de incendios e aínda permanecen sen recoller os restos de madeira tirada tanto polo Klaus, como polos ventos dos últimos temporais.

Os comités de empresa demandaron que o Parlamento abra un debate sobre as "graves repercusións" sociais que a "falta de persoal e a desatención" ao agro –por falta de veterinarios e de operadores– do Centro de Información ao Agro Galego (CIAG) terá no medio rural galego.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río