PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
RESPONDE A UNHA DENUNCIA DA CIG
Traballo admite o contrato a Plexus e alega 'urxencia'

Manuel Vilas Un total de 60 operarios dunha empresa próxima ao PP traballan con expedientes da Lei da Dependencia en oficinas da Xunta malia que Plexus non gañou ningunha adxudicación pública.

Reloxo 03.02.2010 | 19:07
TAGS: plexus , mato , cig , xacobeo , ,

A conselleira de traballo, Beatriz Mato A conselleira de traballo, Beatriz Mato. AGN

A CIG acusou este mércores a Consellaría de Traballo e Benestar de aproveitarse da “cesión ilegal” de 60 traballadores de Plexus, unha empresa próxima ao PP, para tramitar expedientes da Lei da Dependencia. O Goberno reacciona cun comunicado no que, malia recoñecer a contratación deste número de operarios, asegura que non cometeu ningunha ilegalidade.

60 traballadores para “mellorar o programa informático”?

As versións do sindicato e do Goberno difiren. A CIG destaca que non hai ningún contrato público ou adxudicación de Traballo a Plexus para tal fin, tal e como se pode comprobar efectivamente no DOG e na Plataforma de Contratación.

O Goberno alega que se trata dun “contrato temporal” a través dunha “asistencia técnica informática” urxente e “completamente legal”. Sorprende tal número de traballadores, 60, presentes en varias delegación, polo menos en Vigo e Ourense, cando Traballo insiste en que a súa tarefa é exclusivamente “mellorar o programa informático”.

Denuncias ante a Axencia de Protección de Datos e a Inspección de Traballo

“En ningún caso están realizando outro tipo de funcións que non sexan as relacionadas coa xestión informática de datos e que, por suposto, non teñen que ver nin co tratamento dos expedientes nin co proceso de valoración ou resolución”, alega o comunicado do Goberno. Traballo responde así á denuncia que prepara a CIG ante a Axencia de Protección de Datos e a xa presentada na Inspección de Traballo

O motivo desta contratación sería “a tramitación dos máis de 6.000 expedientes que entrarán antes do primeiro cuadrimestre de 2010 no sistema” de axudas ao Benestar, colapsado dende a súa creación. O Goberno presume que tamén contratou máis “ funcionarios e persoal laboral, máis de 40”. O departamento de Beatriz Mato asegura que a relación con Plexus remata este 15 de febreiro.

A polémica renovación da web do Xacobeo

Non é a primeira contratación presuntamente irregular por parte administracións conservadoras a Plexus. Por exemplo, Plexus tamén fixo a polémica web do Xacobeo que, segundo desvelou ANT e denunciou a oposición no Parlamento, foi actualizada antes de que se resolvese o concurso.

Agasar Cascallar

Antonio Agasar Cascallar, ex-asesor da CRTVG na era Fraga e persoa próxima ao círuclo do ex-conselleiro de Cultura Xesús Pérez Varela, figura como apoderado desta empresa, segundo o Rexistro Mercantil. Varias das súas firmas están relacionadas con contratos presuntamente irregulares de administracións do PP.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río