Europa Press . A Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) cobrará 95 euros ao Instituto Ramón Menéndez Pidal da Coruña por representar no Fórum Metropolitano a obra de Federico García Lorca 'Vodas de Sangue'.
En declaracións a Europa Press, a vicedirectora do instituto, Alicia Veres, afirmou que a obra será representada por estudantes do centro e que este martes les comunicou, a través do Concello da Coruña, que non poderían representala porque os dereitos de autor correspondían ao Centro Dramático Nacional.
Teddy Bautista, principal responsábel da SGAE
Veres indicou que, aínda que o Centro Dramático os autorizou para representar a obra por ser teatro escolar", o centro debe "pagar 95 euros á SGAE por algo polo que non se vai a cobrar", indicou en alusión ao feito de que a entrada será gratuíta, despois de que o Centro Dramático Nacional lles permitise representar a obra sen cobrar o prezo de 2 euros previsto inicialmente. Así mesmo, indicou que non se lles deu unha explicación en concepto de que se lles cobra esta contía.
Pola súa banda, fontes da Sociedade Xeral de Autores e Editores consultadas por Europa Press indicaron que se trata "dunha tarifa aplicada polos autores, que non fixa a SGAE". Así mesmo, sinalaron que non se cobra cando a función é un recinto escolar "pero neste caso o espectáculo é fóra deste ámbito", indicaron ao recordar que a actuación prevista para o próximo día 19 será no Fórum Metropolitano.
Descargar Tarifas