PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
Segundo as previsións do Goberno estatal
O déficit público alcanzará o 9,8 por cento do PIB no 2010

Redacción .  O Goberno estatal prevé que o déficit público alcance o 9,8 por cento do Produto Interior Bruto (PIB) no 2010, desde o 11,4 por cento estimado para o exercicio pasado, segundo indica na actualización do Programa de Estabilidade 2009-2013 remitido a Bruxelas.

Reloxo 03.02.2010 | 14:28
TAGS: Economía , déficit , PIB ,

Billetes de euro Billetes de euro. Russell Boyce / REUTERS

Para o ano que vén, o Goberno central proxecta un déficit do 7,5 por cento do PIB, mentres que posteriormente baixaría no 2012 ao 5,3 por cento e no 2013 ao 3 por cento, que é o obxectivo ao que obriga o Pacto de Estabilidade da Unión Europea.

As estimacións para o exercicio pasado e o último ano do período mencionado coñecíanse desde finais da semana pasada, pero non para os anos intermedios.

O Executivo engadiu na táboa, coas proxeccións de débeda pública até 2013, que o cociente de débeda bruta con relación ao PIB alcanzaría no 2012 un máximo do 74,3 por cento, desde o 55,2 por cento do 2009. Para 2010 este cociente situaríase en 65,9 por cento, pasando no 2011 ao 71,9 por cento e no 2013 ao 74,1 por cento.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río