PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Pacto estatal pola Educación
Davila: 'A Xunta non defende as peculiaridades galegas'

Europa Press As deputadas no Congreso e o Parlamento do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Olaia Fernández Davila e Carme Adán, respectivamente, reclamáronlle á Xunta que 'faga valer as súas competencias' no pacto educativo que promove o Goberno que dirixe José Luis Rodríguez Zapatero e defenda, así, as especificidades do país, como son a lingua ou asuntos como a dispersión poboacional.

Reloxo 03.02.2010 | 13:15

A deputada nacionalista Olaia Fernández Davila A deputada nacionalista Olaia Fernández Davila. XC

Un días despois de que Fernández Davila se reunise co ministro de Educación, Ángel Gabilondo, ao que observou "receptivo" ás peticións dos nacionalistas galegos, ambas as parlamentarias lamentaron que a Xunta se limitase a asinar un documento que responde á "liña electoral do PP" no ámbito estatal e, no seu lugar, "non elaborase unha liña para o documento" propia coas peculiaridades do país.

Así, e tras lamentar o "desleixo de funcións" da consellaría que lidera Xesús Vázquez, reclamáronlle á Xunta que "faga valer as súas competencias" e "estabeleza pactos", de maneira que defenda aspectos como a consecución dun estatuto docente propio para Galiza. "É unha mágoa que o Goberno de Feixóo non leve propostas propias e non trate de mellorar a calidade do ensino en Galiza", reprochou Carme Adán.

Para Olaia Fernández Davila, o Executivo autonómico "non presentou nin se tomou a molestia" de levar un documento coa realidade galega e, en cambio, limitouse a adherirse" ao pactado polas comunidades na que goberna o PP, ante o que se preguntou se está de acordo co Executivo central "recupere competencias educativas", tal e como defenden formacións políticas como UPyD ou até o PP, indicou.

Sen criterios propios

Tamén Adán criticou que o Goberno galego "non levase criterios" propios "nin debatidos" en Galiza para o pacto educativo estatal, no que é "irrenunciábel" a inclusión da realidade plurilingüística ou a defensa dun ensino "público e laica".

Os prazos que se manexan no Congreso é que o pacto educativo poida estar listo nun mes, tal e como manifestou a deputada do BNG, ante o que desexou que o Executivo galego "incida" no documento, aínda que advertiu “que non o fixo" até o de agora, sobre todo cando o Goberno central se reunión coas comunidades autónomas, fronte ao que Adán insistiu en que era "importante" trasladar "un diagnóstico" da realidade educativa galega.

Aspectos do documento

Olaia Fernández Davila, que se reuniu co ministro onte no marco dos contactos co Estado, demandoulle a Gabilondo que "respecte as competencias" autonómicas e "avance no ensino laico", non considerando a relixión como unha materia curricular e impartíndoa fóra do horario lectivo".

A deputada nacionalista transmitiulle ao ministro que "un aspecto fundamental para o BNG é que o pacto defenda o ensino público fronte ás políticas de apoio ao ensino privado e concertada que se están facendo hoxe", así como "o respecto e o recoñecemento do carácter pluricultural e plurilingüístico do Estado español e a súa aplicación no ensino".

Dous terzos do parlamento

Un dos aspectos cos que os nacionalistas se mostranb máis críticos é a proposta que contén o borrador do pacto para que calquera cambio lexislativo en materia educativa necesite o apoio de dous terzos do Parlamento, o que, ao seu xuízo, deixa entrever unha "marxinación" das demais forzas políticas que non sexan o PP.

"Preocúpanos", manifestou Davila, quen temeu que esta situación supoña un pacto cos 'populares', o que, na súa opinión, significaría políticas de incentivos ao ensino concertado e privada en lugar da pública, o que provocaría un rexeitamento do BNG á proposta educativa, asegurou.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río