PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
En París
A Xunta promociona cursos de galego en Expolangues

Redacción .  A Secretaría Xeral de Política Lingüística viaxará a París para participar entre o 3 e o 6 de febreiro na Expolangues 2010. O departamento participará nesta feira das linguas cun expositor para difundir cursos de lingua galega.

Reloxo 03.02.2010 | 12:47

O posto de Política Lingüística dunha edición anterior de Expolangues en París O posto de Política Lingüística dunha edición anterior de Expolangues en París. Política Lingüística

Dende hai 25 anos Expolangues promove o estudo das linguas, favorece o multilingüismo e desenvolve a comunicación internacional. Nesta edición a Secretaría Xeral de Política Lingüística viaxa a este evento cun expositor para difundir a lingua galega, as súas posibilidades de aprendizaxe a través dos recursos na rede, os centros de estudos galegos das universidades francesas e dos cursos de verán para estranxeiros en Galiza.

Durante os tres días de feira o stand galego ofrecera minicursos de iniciación ao galego para que os visitantes interesados poidan probar a pronunciar as súas primeiras palabras en galego. Segundo informou Política Lingüística a presenza galega nesta feira internacional da lingua servirá para “difundir información sobre a situación da lingua galega e intercambiar experiencias con outras institucións”

Expolangues é un centro de reunión para o público interesado en produtos e servizos relacionados co ensino de idiomas en todo o mundo e un escaparate coas últimas novidades editoriais e os avances tecnolóxicos aplicados á lingüística ou á Internet. Nesta feira participan máis de 30 países e máis de 80 linguas. Nesta edición esta feira adica unha especial ao catalán “como lingua de 10 millóns de europeos”.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río