Manuel Vilas . A mesma firma que presuntamente reformou a web do Xacobeo antes da licitación, agora ten 60 traballadores na consellaría de Traballo malia non ter logrado adxudicación algunha.
Até 60 traballadores do grupo Plexus están a traballar nas oficinas da consellaría de Traballo, segundo denuncia hoxe a CIG. Iso malia que o DOG e a Plataforma de Contratación proban que esta compañía, próxima ao PPdeG, non gañou concurso oalgún para tal fin. Antonio Agasar, apoderado de Plexus Son varias as contratacións presuntamente irregulares de administracións conservadoras a Plexus. Por exemplo, Plexus tamén fixo a polémica web do Xacobeo que, segundo desvelou ANT e denunciou a oposición no Parlamento, foi actualizada antes de que se resolvese o concurso. Antonio Agasar Cascallar, ex-asesor da CRTVG na era Fraga e persoa próxima ao círuclo do ex-conselleiro de Cultura Xesús Pérez Varela, figura como apoderado desta empresa, segundo o Rexistro Mercantil. Inspección atopa 15 asalariados de Plexus nas oficinas da Xunta en Vigo A CIG denunciou á Xunta na inspección de Traballo. O sindicato di que 1 de febreiro os inspectores comprobaron que até 15 asalariados de Plexus traballan no departamento territorial en Vigo. Os responsábeis da delegación non foron quen de explicar que labor realizan estes operarios, malia que reciben ordes directas deles e usan mesas, datos e computadores públicos; na versión do Sindicato. Outro grupo importante de asalariados de Plexus opera na delegación de Ourense. Máis foron detectados pola CIG noutras oficinas públicas de Traballo en toda Galiza até sumar 60. “Aparecen como champiñóns” ironiza Manuel Gallardo, secretario da CIG-Autonómica esta mañá en rolda de prensa en Santiago. Acceden a datos confidencias malia non ter formación O sindicato salienta que estes operarios traballan con datos confidencias dos expedientes da Lei da Dependencia. Neles figuran circunstancias tan sensíbeis como as enfermidades dos solicitantes ou a renda. A CIG está a preparar unha denuncia da Axencia de Protección de datos. “Non se trata só da contratación irregular de 60 persoas a unha empresa máis ou menos afín ao PP, a consecuencia final é o incremento do cadro de persoal fixo da Xunta de xeito espúreo”, insistiu Gallardo. O sindicato esixe que estas prazas se cubran tirando das listas específicas das oposicións, nas que só poden entrar técnicos con esperiencia na Lei da Dependencia.
Rolda da CIG para denunciar a 'cesión ilegal' de traballadores de Plexus á Xunta.
1 / 2
O líder da CIG-Autonómica advirte que os 60 traballadores de Plexus poderían denunciar a situación na Xustiza e lograr unha praza fixa “pola porta de atrás” na Administración. Segundo a CIG, os xuíces xa ditaron máis de 1.000 sentencias que obrigan a Xunta a facer indefinidos traballadores que entraron “a dedo” ou mediante contratos irregulares.
A Nosa Terra contactou con a Consellería de Traballo para dar a coñecer a súa versión ante as acusacións de corrupción e contratación ilegal de traballadores. Polo de agora o Goberno non fixo pública a súa postura, pero indica que hoxe enviará un comunicado de resposta.
Descargar Tarifas