Redacción . O dolmen de Dombate estará aproximadamente durante os próximos dez meses en obras. A Deputación da Coruña inicia mañá no importante monumento megalítico situado na parroquia de Borneiro, no concello de Cabana de Bergantiños, o proxecto de protección e posta en valor do mesmo.
Segundo fontes do organismo provincial o proxecto de protección e posta en valor do dolmen de Dombate inclúen a construción dun edificio de protección do túmulo megalítico e unha edificación independente que albergará un centro de recepción e interpretación do monumento. As obras, que se prolongarán ao longo dos vindeiros dez meses, teñen un orzamento de 1,5 millóns de euros aportados integramente pola Deputación da Coruña.
Dolmen de Dombate.
Descargar Tarifas