Redacción . O 3 de abril ninguén poderá emitir televisión analóxica. En Galiza, a Xunta repartiu 48 licenzas de televisión dixital a operadoras privadas.
Dúas delas son de ámbito autonómico, concedidas nos estertores da era Fraga a La Voz de Galicia e a COPE. Cumprirase o estipulado no DOG para as concesións de TDT? A emisora da Igrexa xa comezou coas emisións en probas dende os estudos do Seminario de Santiago. Iso si, Popular Televisión aínda non cumpre as condicións da concesión. As TDTs privadas autonómicas deben emitir 32 horas de produción propia cada semana, a metade delas en galego. Máis atrasado aínda vai a concesión de La Voz que, a menos de dous meses da data límite, aínda non emite nin en probas. Iso si, a editora da Coruña está traballando a contrareloxo no seu proxecto, vTelevisión, como proba a publicación dun vídeo promocional. Máis de 180 empregos entre La Voz e Cope Ademais, La Voz xa comezou a acondicionar os seus estudos no Polígono de Sabón, na Coruña. Así o anuncia a empresa a través da nova web de vTelevisión. Lois Blanco, Tamara Blanco, Anxo Noya, Abel Diz e Ana Lorenzo son algúns dos profesionais que participarán no proxecto. Con todo, cómpre ter en conta que La Voz prometeu a contratación de 148 persoas con máis de 97 millóns de investimento. COPE terá que cumprir con 40 contratos e 2,6 millóns de investimento. Iso si, a Xunta xa indicou que non esixirá as operadoras cumprir todos os requisitos dende o primeiro momento.
Obras nos estudios de vTelevisión.
Descargar Tarifas