PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
Nova organización territorial
Catalunya crea sete veguerías e suprime as deputacións

Redacción .  O Govern aprobou este martes os proxectos de lei de creación das veguerías e da área Metropolitana de Barcelona, o que abre un debate territorial que culminará o Parlamento catalán e que, en última instancia, requirirá da modificación de leis estatais para suprimir as deputacións.

Reloxo 03.02.2010 | 10:14

José Montilla, presidente da Generalitat, durante a presentación do acordo José Montilla, presidente da Generalitat, durante a presentación do acordo. Govern de Catalunya

O presidente catalán, José Montilla, presentou a proposta da nova organización territorial tras a reunión do Consell de Govern, nunha rolda de prensa na que tamén participou o conseller de Gobernación, Jordi Ausàs.

O proxecto, "unha reivindicación histórica do catalanismo" e "un gran paso no desenvolvemento do Estatut", remitirase ao Parlament con "carácter de urxencia", apuntou Montilla. A división territorial actual configurouse fai 175 anos.

O goberno tripartito propón así a creación das veguerías de Terres de l'Ebre, Barcelona, Lleida, Alt Pirineu i Aran, Catalunya Central, Xirona e Camp de Tarragona, demarcacións sobre as que non se propuxeron aínda todas as capitais.

Sobre o proceso e o seu futuro custo, Montilla e Ausàs aseguraron que a aplicación da lei será "gradual" e non suporá un sobrecusto adicional. Ademais, non será necesaria a incorporación de novos funcionarios. Con todo, deixan esta última decisión en mans dos futuros consellos de veguería.

O proceso, aínda sen calendario, comezará coa división das provincias de Lleida, Tarragona e Barcelona, en dúas cada unha delas. Esta nova organización non implica a desaparición da provincia como circunscrición electoral nas seguintes eleccións.

Nun primeiro momento, as catro deputacións actuais substituiranse, seguindo a Lei de Transición de Deputacións a Veguerías, por consellos de veguerías. A primeira en dividirse será Tarragona, que dará lugar a Terres de l´Ebre.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río