PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
En Ondarroa e Jaca
Dous novos detidos na última operación contra a ETA

Redacción .  Outras dúas persoas foron detidas este martes pola súa presunta relación co comando desarticulado pola Ertzaintza a semana pasada en Ondarroa, onde se produciu un dos arrestos, informou a consellaría de Interior do Goberno vasco.

Reloxo 03.02.2010 | 08:42
TAGS: ETA , detención , Interior , Euskadi ,

Un membro da Ertzaintza Un membro da Ertzaintza. Vincent West/Reuters

As detencións practicadas elevan a nove o total de arrestados na operación que iniciou a Ertzaintza a semana pasada contra a estrutura da banda armada ETA en Biscaia e Guipúscoa.

O primeiro dos detidos é Igor Martín Miño, de 31 anos, arrestado no seu domicilio de Jaca por 'ertzainas' desprazados até a localidade aragonesa en combinación con membros da Policía Nacional, informou a Consellaría de Interior nunha nota de prensa.

A outra detida é a súa compañeira, Olaitz Lema Zabala, de 27 anos, arrestada cando saía do seu traballo nun polígono industria de Ondarroa ao mesmo tempo que a detención de Jaca.

Na operación contra o presunto grupo de "legais" da ETA, a Ertzaintza requisou varios tipos de drogas e instrumentos para o narcotráfico, ademais de armas e materiais para fabricar explosivos.

Os detidos en Guipúscoa e Biscaia están acusados de participar no atentado contra unha comisaría da policía autonómica vasca en Ondarroa en setembro do 2008, da voadura dun repetidor de televisión en Azpeitia (Guipúscoa) e de ataques con explosivos contra maquinaria das obras do Tren de Alta Velocidade, asegurou Interior.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río